A Guarda acolleu o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras das Festas do Monte 2018
O sábado 11 de agosto celebrábase na Guarda o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras enmarcado nas Festas do Monte 2018.
Ás 12:00h do mediodía saían dende a Alameda da Guarda os diferentes grupos, encabezando este desfile o Grupo de Maiores da Guarda, Do Lusco ó Fusco, Orballo, A Boalleira, entre outros. Tamén numerosos particulares ataviados cos traxes tradicionais galegos, antes de dar paso ás 21 Bandas Mariñeiras, dende A Banda Negra ata Ó Amparo do Monte, a última banda formada e que cumpriu este ano o seu 10º aniversario. Tamén resaltar o 50º aniversario da Banda Mau Mau nesta edición 2018.
Milleiros de persoas congregáronse nas rúas da Guarda para presenciar este multitudinario e colorido desfile que rematou no Porto da Guarda.