(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda acolleu un Encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade

    A Guarda acolleu un Encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Patrimonio, Xeráis
    • Date 1 Abril, 2019
    • Comentarios 0 comentarios
    A Casa dos Alonsos da Guarda acolleu o pasado venres día 29 de marzo un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo.

    A Casa dos Alonsos da Guarda acolleu o pasado venres día 29 de marzo un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo.

    O sal desempeñou un papel de grande importancia na economía da Antigüidade. Con usos domésticos, simbólicos e médicos de todo tipo, foi sobre todo un compoñente fundamental na industria de salgadura, tanto no comercio de peixe salgado como na preparación de prebes. Ao longo das dúas últimas décadas, o avance da investigación arqueolóxica permitiu documentar un importante conxunto de explotación do sal ao longo da costa da antiga Gallaecia. Neste encontro falaremos dos resultados do proxecto Mar de Sal no estudo das evidencias de aproveitamento do sal durante a Protohistoria e da gran transformación que experimentou a industria salineira a partir da chegada do Imperio Romano coa implantación de grandes salinas mariñas.

    Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural son unha iniciativa levada a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega que comezou en novembro de 2015. A intención destes Encontros era xerar un espazo de difusión, debate, encontro e coñecemento arredor de diferentes proxectos que afectan ao patrimonio cultural en xeral e que moitas veces non chegan a un público amplo por diferentes motivos. Os encontros acollen a calquera persoa que se queira achegar a este espazo, ben sexa un profesional da xestión do patrimonio ou da cultura, ben sexa unha investigadora / investigador ou calquera axente social que teña interese polo patrimonio. Os protagonistas dos encontros son sempre o elemento patrimonial e o debate arredor del. Os encontros focalizáronse até o de agora en proxectos de arqueoloxía, rehabilitación, arquitectura, historia da arte ou mesmo en enfoques interdisciplinarios; pero tamén na xestión patrimonial, na divulgación do patrimonio, na participación cidadá e no conflito patrimonial; en patrimonios esquecidos e vivos, materiais e inmateriais, amigables ou conflitivos; nas políticas patrimoniais, nos encontros e des-encontros. Como se pode ver, nun abano moi amplo ao longo dos 23 Encontros anteriores.

    A Casa dos Alonsos da Guarda acolleu o pasado venres día 29 de marzo un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo.A Casa dos Alonsos da Guarda acolleu o pasado venres día 29 de marzo un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo.No ano 2018 puxeron en marcha o programa IN SITU, que traslada a difusión e reflexión ao contexto xeográfico e social dos bens, analizando no mesmo lugar as realidades patrimoniais. IN SITU quere contribuír a evidenciar a necesidade desa análise, pero tamén a crear outros lugares de reflexión fóra do seu habitual espazo na sede do CCG en Santiago de Compostela. Para este ano 2019, a temática seleccionada dentro deste programa é “A produción de sal en época romana no sur de Galicia e norte de Portugal”, sobre a que realizaremos dúas xornadas: o 29 de marzo na Guarda e o 30 de abril en Vigo, e que terán como obxectivo a reflexión arredor de diferentes proxectos que, ao longo dos últimos anos, interviñeron en distintos xacementos do sur de Galicia e do norte de Portugal relacionados coa produción de sal en época romana, de xeito que poidamos obter un panorama xeral sobre esta práctica no noso contexto xeográfico.

    Neste caso contouse coa participación de Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega; Brais X. Currás, arqueólogo, Universidade de Coimbra-CEAACP; Mar Cortegoso Comesaña, arqueóloga profesional; Miguel Costa, Tiago Brochado e Jorge Machado, arqueólogos, Câmara Municipal de Viana do Castelo e Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda que participou na presentación deste acto ao que asistiron preto de medio cento de persoas.

    Tag:A Guarda, Patrimonio, salgar, salinas

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolleu unha nova sesión de Contos Contados
    1 Abril, 2019

    Seguinte nova

    Aforo completo no concerto do Coro Gli Appassionati na Guarda
    2 Abril, 2019

    Tamén te poden gustar

    • Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de febreiro
      3 Febreiro, 2023
    • A Mancomunidade do Baixo Miño porá autobuses para acudir á manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago
      1 Febreiro, 2023
    • Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
      Xa están dispoñibles as bases para o Desfile de Entroido 2023 da Guarda
      1 Febreiro, 2023

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web