A Guarda entrega os Premios de Educación 2018
O martes día 17 de xullo de 2018 o Salón de Plenos da Guarda acolleu a entrega dos Premios de Educación 2018, no que se tiveron en conta os mellores expedientes académicos dos centros públicos de primaria e secundaria do municipio: CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde, CEIP As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo, IES A Sangriña, PP Somascos e HH Carmelitas.
Estes premios convócanse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os xoves, establecéndose un máximo de 23 premios consistentes en material informático: 8 premios dirixidos ó alumnado do IES A Sangriña e 15 premios dirixidos ó alumnado de 6º de Primaria dos colexios CEIP A Sangriña, CEIP Rodríguez Sinde e CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo.
Houbo algún caso de empate técnico polo que se entregaron 2 premios na mesma categoría.
No acto de entrega interviron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Educación, Elena Baz, destacando o enorme esforzo e traballo destes magníficos estudantes con notas máis que salientables, asistindo unha boa representación do profesorado e familiares dos premiados/as.
Para entrega destes premios a Comisión avaliadora comprobou a documentación presentada por cada un dos centros en base a cal se elaborou o listado de alumnos premiados de cada centro participante.
Premiados/as:
IES A SANGRIÑA:
2º BACH: Nestor Lomba Lomba, Óscar Riveiro Alonso, Elsa Vázquez Rodríguez e Marco Patiño López.
4º ESO: Amaya Vicente Pérez, Lucía de Lorenzo Serrano e Nayara Diego Rodríguez.
CS Administración e Finanzas: Noelia González Fernández.
CEIP A Sangriña:
6º Primaria: Teresa de Lorenzo Serrano, Andrea Portela Ruiz, Mara Alonso Fernández e Manuel Moreira Rodríguez.
CEIP As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo:
6º Primaria: Leah González Carabelos e Aroa Lomba Rodríguez.
CEIP Rodríguez Sinde:
6º Primaria: Paula Álvarez Garcés, Natalia Rodríguez Freitas e Daniel Rodríguez Lomba.
Carmelitas:
6º Primaria: Paula Cividanes Berrecoso e Inés Alonso López.
4º ESO: Carlota Cividanez Berrecoso
Somascos:
6º Primaria: Irene Vicente Cividanes e Hugo Álvarez González.
4º ESO: Iria Sanz Berridy