A OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DO PORTO DA GUARDA XA ATENDE ÓS VISITANTES
A oficina municipal de información turística situada no porto do Concello da Guarda xa atende ós visitantes que chegan á localidade.
Dende hoxe mesmo, todas as persoas interesadas en recoller información sobre os lugares que visitar na Guarda, as súas festas e/ou a súa gastronomía poderán acudir en horario de 11 a 14 horas pola mañá e de 16,30 a 19,30 horas polas tardes, de martes a domingo.
Ademais nesta caseta, ás persoas que así o demanden, se lles informará sobre como chegar a outras localidades tanto galegas como portuguesas, e o que facer nas mesmas.
Da man da bolseira de Deputación de Pontevedra, Eva Iglesias, esta oficina de turismo permanecerá aberta durante todo o verán.