A sustentabilidade é o tema principal da Feira de Emprego «Ecoimaxín» na Guarda
Dende este xoves día 24 de outubro, a Casa dos Alonso da Guarda acolle a Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.
O programa da Feira do Emprego e Formación «Ecoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 24 ás 9:30h, cun acto inaugural no que se contará coa asistencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Formación, Fátima Rodríguez; o Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades e demais convidados.
Nas xornadas do xoves 24 e do venres 25 terán lugar dúas cápsulas formativas a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sostible». Sandra Fernández é Especialista de Desarrollo de RSE en pymes, cunha experiencia de más de 3 años en asistencia técnica a programas de la Consellería de Economía, Emprego e Industria de la Xunta de Galicia.
A segunda cápsula formativa será a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial). sobre «Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local», ámbalas cápsulas, os dous días en horario de 10:00h a 12:00h. Sandra Touza defínese coma unha muller emprendedora incansable de espírito libre, e forte. Caracterizase pola súa transparencia, gañas de mellorar cada día ante os obstáculos con perseverancia e positividade.
O xoves 24 entre as 12:30h e as 14:00h realizarase unha ponencia aberta a todo o público sobre a «Responsabilidade Social nunha gran empresa», Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais), a cargo de Verónica Santiago Corral, Responsables do Departamento PRL, Calidade e Medio Ambiente.
O venres 25 entre as 12:30h e as 14:00h realizarase unha ponencia aberta a todo o público sobre «Porque non hai un planeta B», marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación en toctocmedia. Javier Varela traballa en multitude de proxectos de marketing e marketing online tanto para importantes marcas e empresas privadas, coma para institucións públicas, é profesor colaborador na Escola de Negocios IESIDE e na Escola de Organización Industrial EOI.
Para pechar esta edición da Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego da Guarda e de 12:00- 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna.
Esta é a terceira edición da Feira do Emprego e Formación da Guarda, o primeiro ano estivo enfocada no emprendemento a nivel local, a segunda edición na tecnoloxía como motor xerador de emprego e esta edición na sustentabilidade.
A Feira do Emprego e Formación chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables.
Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.
As Cápsulas formativas do xoves e do venres en horario de mañá requiren inscrición previa, máis información e inscricións na OMIX da Guarda, no teléfono 986 61 0000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es
PROGRAMA ECOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA
XOVES 24 OUTUBRO
9:30h Presentación e apertura das xornadas
10:00h-12:00h Cápsulas formativas:
• Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial).
• Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público
• Responsabilidade Social nunha gran empresa: Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais), a cargo de Verónica Santiago Corral, Responsables do Departamento PRL, Calidade e Medio Ambiente.
VENRES 25 OUTUBRO
10:00h-12:00h Cápsulas formativas:
• Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, Consultora e Auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) .
• Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).
12:00-12:30 Descanso
12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público
• Porque non hai un planeta B, marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación en toctocmedia.
SÁBADO 26 DE OUTUBRO
10:00h-14:00h Feira de Empresas
Presentación do portal de Emprego da Guarda a cargo dos responsables municipais do programa www.empregonarede.gal
12:00- 13:00 horas presentación empresas eco da contorna: Albergue O Peirao, Proxecto Xe-Mente, O Eixido dos Tendeiros, Biosenza e máis por confirmar.
Tag:A Guarda, ecoimaxin, Emprego, feira de emprego