ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA “XX TRAVESÍA A NADO PORTO DA GUARDA”
Celébrase o sábado 4 de xullo ás 18 horas.
A Concellería de Deporte do Concello da Guarda, coa colaboración do Club de Remo Robaleira, do Club ALAGUA, a Cofradía de Pescadores Santa Tecla e Río Verde motores forabordas, abre o mércores día 10 de xuño, o prazo de inscrición para participar na “XX Travesía a Nado Porto da Guarda” que terá lugar o sábado 4 de xullo.
Como na edición anterior a Travesía non foi incluída no Circuito de Augas Abertas polo que a distancia a percorrer é de 400 metros ou de 1.500 metros, segundo a idade do nadador.
Nesta proba poden participar tanto nadadores federados como aqueles que non o estean.
A travesía, que está enmarcada dentro dos festexos da XXV Festa da Langosta e da cociña mariñeira, dará comezo ás 18 horas, saíndo os nadadores de menor idade en primeiro lugar.
Todos aqueles interesados en participar poden facer efectiva a súa inscrición, ata o 1 de xullo, mediante a plataforma web: www.reunalia.com/5244519
As persoas que precisen máis información poden dirixirse directamente ó Concello da Guarda , na dirección de correo deporte@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.
[DESCARGAR BASES] [DESCARGAR AUTORIZACIÓN PARA MENORES]