As Festas das Mercedes celebran o seu centenario cunha ampla programación de actividades
A Gándara celebra do 14 ao 24 de setembro o Centenario das Festas das Mercedes cunha ampla programación de actividades nas que se inclúen eventos deportivos, gastronómicos e de lecer.
Nesta edición se cumpre o centenario da inauguración da capela adicada en advocación a Nosa Señora das Mercedes, polo que a comisión de festexos ten unha programación especial que xa comezou o pasado día 1 de setembro co X Torneo da Cachiza e que continúa este venres día 14 co Pregón das Festas a Cargo de Beti Rey, actuacións musicais e a inauguración da Exposición sobre a Capela/Santuario das Mercedes.
Na xornada do Sábado día 15 celebrarase a III Baixada de Carrilanas e pola noite o VIII Serán musical.
Na xornada do Domingo 16 de setembro terá lugar a XVIII Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, pola tarde concerto da Agrupación Musical da Guarda e unha representación teatral de «Os Melhores do Grupo».
Destaca tamén na programación a XXXI edición da Festa da zorza, un evento gastronómico de gran arraigo na zona e que congrega a numerosos comensais.
Coma novidade o sábado 22 de setembro celebrarase tamén un concurso degustación de repostería e tortillas.
Dende o luns 17 e ata o xoves 20 de setembro realizaranse diferentes actuacións musicais contando cos grupos Treboada Virxe do Alivio, Coiro Vello, Xamaraina, A Boalleira, Treboada Baixo Miño, Talent Latino Studio 88, Na Revolta…
Programación por días:
Venres 14:
Pregón a cargo de Beti Rey e actuación do dúo de violín e saxo AntonioSeijo & Pablo Estelles, con posterior concerto da Agrupación Musical do Rosal.
Inauguración da Exposición sobre o Centenario da Capela/Santuario das Mercedes.
Sábado 15:
III Baixada de Carrilanas dende as 16:00h e ás 21:00h VIII Serán na Praza dos Seixiños.
Domingo 16:
XVIII Carreira Pedestre Popular «Julia Vaquero» dende ás 11:00h da mañá e ás 17:00h actuación da Agrupación Musical da Guarda, seguido da representación teatral de «Os mellores do Grupo» ás 19:00h.
Luns 17:
A partires das 20:00h Treboada Virxe do Alivio e cantos de chabola con Coiro Vello.
Martes 18:
A partires das 20:00h actuación do grupo de baile Xamaraina e do grupo de gaitas A Boalleira.
Mércores 19:
A partires das 20:00h actuación da Treboada Baixo Miño e Talent Latino Studio 88.
Xoves 20:
A partires das 20:00h concerto de Na Revolta.
Venres 21:
XXXI Festa da Zorza a partires das 18:00h da tarde coa animación do grupo de gaitas A Boalleira, fin de festa co DJ Guille e unha gran queimada popular.
Sábado 22:
A partires das 17:00h Concurso degustación de repostería e tortillas, seguido dunha gran verbena a partires das 21:00h coa orquesta La Torre e o grupo Ritmo Latino
Domingo 23:
Ás 10:00h pasarrúas a cargo do Trebón dos Xidos. Ás 17:00h actuación do Rancho Folclórico Os Camponeses Minhotos de Cerdal(Valença do Minho), e ás 21:00h verbena na zona da fontebieita coas orquestras Olympus e o grupo Magical.
Luns 24:
De 17:00h a 19:00h xornada de xogos tradicionais e deporte na rúa para todas as idades na Praza dos Seixiños. A partires das 19:30h actuación do grupo folk Pelepau e tirada de fogos de luces para rematar a festa.