O ciclo «Cinema volta ao cole» regresa este sábado con dúas novas achegas para o público infantil
O ciclo de películas «Cinema volta ó cole» regresa este outono con dúas novas achegas orientadas ao público infantil e familiar.
O sábado 14 de outubro será a primeira sesión, coa proxección de «Buscando a Dory» ás 17:30 horas no Centro Cultural. O filme de animación ten como protagonista a un simpático peixe azul con serios problemas de memoria que trata de reencontrarse coa súa familia.
O ciclo continuará o 11 de novembro, coa proxección da película «Trolls» á mesma hora e tamén no Centro Cultural. Esta película relata a historia dunhas apracibles e optimistas criaturas, cuxa convivencia vese truncada pola aparición dos Bergens, rudos e pesimistas.
«Cinema volta ó cole» é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer espazos para gozar da cultura en familia e dun xeito ameno na nosa vila. O acceso é libre e gratuíto.