CLAUSURADA A ESCOLA MUNICIPAL DE BALONCESTO
O Concello da Guarda clausurou a escola municipal de baloncesto que se desenrolou durante os meses de outubro a maio no municipio.
Durante estes oito meses os rapaces e rapazas puideron desfrutar realizando unha actividade física e tempo de lecer con seus amigos e amigas.
O Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, entregou a todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os seis e os doce anos, unha medalla e tamén un diploma que acredita a súa participación nesta actividade.