Continúa a Campaña de entrega do Receitario na Praza de Abastos da Guarda
Esta fin de semana, o venres 3 e o sábado 4 de xuño, continúa a ter lugar na Praza de Abastos da Guarda a Campaña de Entrega dun Receitario organizada dende o Concello da Guarda.
Esta fin de semana, o venres 3 e o sábado 4 de xuño, continúa a ter lugar na Praza de Abastos da Guarda a Campaña de entrega dun Receitario organizada dende o Concello da Guarda.
Trátase dunha iniciativa iniciada a semana pasada, o venres día 27, que durará ata o sábado 11 de xuño. Consiste en que todos os que merquen algún produto na Praza de Abastos recibirán dúas receitas cada fin de semana (unha o venres e outra o sábado) ata finalizar, o último día, un Receitario completo de 6 receitas para ser elaboradas con produto local e de tempada.
Estacampaña ven a complementar a iniciativa “Quere o teu mercado”, impulsada dende a Deputación de Pontevedra para conmemorar o Día Internacional do Mercado celebrado o pasado sábado 28 de maio. Ese día, ademais de poder recoller unha das receitas que conforman o Receitario, aqueles que se achegaron á Praza de Abastos a mercar nun dos postos recibiron diversos agasallos como bolsas, globos, etc.
O Concello da Guarda aposta deste xeito pola dinamización da súa Praza de Abastos, un lugar clave para a compra de produto local, fresco e variado preto das casas dos guardeses e guardesas.