A Deputación de Pontevedra subvenciona a mellora do equipamento deportivo no Codesal
A Deputación de Pontevedra concedeu este ano unha subvención cunha dotación total de 1.899,18 euros ao Concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2016, para a realización dun investimento en equipamento deportivo no campo de fútbol do Codesal.
A Corporación local destinou o importe da axuda á instalación dun xogo de porterías de aluminio para a práctica de fútbol 7. O custe total do investimento quedou cuberto pola concesión da Deputación provincial.