Mancomunidade do Baixo Miño, membros do San Xerome e o Director Xeral de Política Social reúnense en Santiago
Os asistentes á reunión acordan axilizar a eliminación da lista de agarda do Centro de Adultos do San Xerome
Hoxe, 26 de decembro, reuníronse na Consellería de Política Social co Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, tres membros da directiva do Centro San Xerome Emiliani e os membros da Mancomunidade do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda) representados polos Concelleiros de Benestar Ismael Diz e Cristina Martínez de Tui e Tomiño, respectivamente, Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Antonio Lomba, alcalde da Guarda para tratar de solucionar a problemática do devandito Centro respecto á necesidade de dúas prazas no Centro de Adultos para a continuidade de dous usuarios.
Despois da reunión mantida co Director Xeral , desde a Mancomunidade agradecemos o recibimento e a boa disposición e esperamos que se resolva o antes posible esta situación.