Mesa de contratación no procedemento aberto para a contratación dos servizos de limpeza de edificios públicos
MESA DE CONTRATACIÓN NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PÚBLICOS
A mesa de contratación estará integrada do xeito seguinte:
– Presidente: don Antonio Lomba Baz, Alcalde presidente do Concello da Guarda, ou Concelleiro en quen delegue.
– Vocais:
* Don Paulino Rodríguez González, concelleiro delegado do servizo.
* Dona Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira delegada de facenda.
* Dona Ana Llorca Maneiro, Interventora do Concello da Guarda, ou funcionario que legalmente a substitúa.
* Dona Julia Mª Carrasco González-Alegre, Secretaria do Concello da Guarda, ou funcionario que legalmente a substitúa.
– Secretario da Mesa: Don José Carlos Martínez Crespo (Titular); dona Montserrat Mariño Álvarez (suplente).
A Mesa de contratación procederá á cualificación da documentación xeral no Concello de a Guarda ás dez horas do 14 de xuño de 2016, nas dependencias municipais. No caso da existencia de deficiencias subsanables na documentación xeral, se outorgará ós licitadores un prazo de dous días hábiles para proceder á súa subsanación.
Dada a imposibilidade de quórum para levar a cabo a apertura das ofertas en acto público na data fixada nos pregos de contratación, ás dez horas do 23 de xuño de 2016 se procederá pola mesa de contratación, en acto público, á apertura das ofertas presentadas, nas dependencias municipais. Caberá solicitar pola mesa de contratación, cantos informes técnicos se consideren precisos e se relacionen co obxecto de contrato.