Sexta xornada do Camiño a Santiago por etapas de Caminha-A Guarda
Este sábado, 7 de maio, terá lugar a sexta etapa do camiño a Santiago por etapas. Tratase da primeira das actividades organizadas conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco.
Este sábado, 7 de maio, terá lugar a sexta etapa do camiño a Santiago por etapas. Tratase da primeira das actividades organizadas conxuntamente pola Cámara de Caminha e o Concello da Guarda no marco da candidatura do esteiro do Miño a Paisaxe Cultural da Unesco. A actividade iniciouse no pasado mes de marzo e nela participan máis de 100 veciños de Caminha e A Guarda.
Nesta sexta etapa a saída será dende Caldas de Reis e, tras percorrer uns 10 quilómetros, farán o xantar no lugar de O Pino, preto do albergue. Logo continuarán ata Padrón, onde rematarán a etapa ao chegar á Parroquia da Escravitude.
A hora estimada de chegada á Guarda será ás 21 horas; xa que esta etapa ampliarase en 6 quilómetros engadidos aos 18 previstos; para así alcanzar un total de 24 e deixar máis descansada a última xornada.
Deste xeito na última etapa, que será o 14 de maio, reducirase a distancia ata Santiago. A previsión para o tramo final do Camiño a Santiago por etapas é de 18 quilómetros.
En previsión de choiva recórdase levar roupa e calzado adecuado.