Este domingo celébrase a 15k do Atlántico – Banco Mediolanum
O pasado martes día 2 de outubro de 2018 o CEIP Mestre Manuel García de Oia acolleu a presentación da sexta edición da 15k do Atlántico – Banco Mediolanum, unha proba deportiva referente do running galego que congregará este ano a preto de 600 corredores na categoría 15k e 200 na categoría de andaina, empregando parte do trazado do Camiño Portugués da Costa.
Na presentación do evento contouse coas intervencións de Serafín Martinez, director da proba; Alesia Kurchankova, madrina desta edición; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa; a alcaldesa do Rosal, Mª del Carmen Alonso; o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba; o Xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides e Ángeles Franco, Manager de Banco Mediolanum.
No acto de presentación, a xogadora do Mecalia Atlético e madriña da proba, Alesia Kurchankova amosou sentirse orgullosa de ser elexida madriña desta edición, pola súa parte Serafín Martínez recalcou que «unha proba deste tipo non sería posible sen a colaboración institucións privadas coma o Banco Mediolanum e sen a axuda de institucións públicas coma os Concellos participantes». O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou na súa intervención “foi un acerto facer esta carreira nesta zona, onde os participantes gozan das nosas paisaxes á vez que realizan práctica deportiva”.
A 15k do Atlántico – Banco Mediolanum chega a súa sexta edición superando as expectativas de participación, o que reflexa a boa organización e a consolidación dunha proba que xa forma parte do calendario anual deste tipo de probas deportivas en Galicia para moitos atletas. Ademais e dentro da filosofía, “Deporte saludable” terá lugar a “andaina popular” cunha distancia aproximada de 12 kms, onde os participantes poderán animar e ver aos corredores da 15k ao seu paso polo Concello do Rosal.
Coma novidade, nesta edición contarase coas actuacións, a partires das 11:30h, dos grupos Awen na Praza de San Bieito e Mbolo Mooye Doolé na Praza do Reló, e os participantes contarán un ano máis con transporte en autobús dende a Atalaia do Porto ata a liña de saída en Oia. Tamén o percorrido terá novo trazado á chegada á Guarda, pasando por varias rúas do casco urbano.
Tag:15k, 15k do Atlántico, A Guarda, Atletismo, Deporte