Este sábado celébrase o 10º Cruceiro Río Miño
O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do Cruceiro Río Miño, unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C.
A regata disputarase nun único formato multiclase e está aberta a todas as embarcacións a vela con orza móbil.
As inscricións están abertas ata as 14:00h do 31 de agosto cubrindo o formulario de inscrición e enviándoo ao enderezo electrónico club.alagua@gmail.com A taxa de inscrición é de 5€ por participante e aboarase en efectivo xunto coa confirmación da inscrición.
As regatas arrancarán ás 16:00h da tarde deste sábado para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.
Haberá premios para os tres primeiros clasificados na xeral e pola noite, trala entrega de premios, servirase unha cea de convivencia nas instalacións do Clube Alagua.
Tag:A Guarda, club alagua, Deporte, río Miño, vela