A exposición “Arte do adentro” do colectivo SOMOSARTE xa se pode visitar no Centro Cultural
A exposición “Arte do adentro”, do grupo de artistas plásticos do Baixo Miño SOMOSARTE, permanecerá aberta ó público no Centro Cultural ata o próximo martes 15 de agosto en horario de mañá (de 10 a 13 horas) e tarde (de 19 a 22 horas) durante toda a semana.
SOMOSARTE, que nacía como colectivo hai poucos anos, está formado por diferentes artistas plásticos da zona do Baixo Miño que comparten unha paixón común: a arte.
Despois de varias exposicións organizadas en O Rosal, Tomiño, Tui ou Porriño, a mostra exposta na Guarda dende o luns é unha oportunidade única de deleitarse coas creacións dos tres pintores/as e os catro escultores participantes: Libia Domínguez (Goián), Nacho Martínez (Naa, A Guarda), Mónica Taboada (Puntal, A Guarda), Adrián Pena (Vigo), Ignacio Moure (Moure, Tomiño), Anxo Ferreira (A Guarda) e Xuxo Malone (A Guarda).