Inauguración da mostra “Auga Salgada” de Manuel Chapela
A exposición abre as súas portas este xoves, 4 de febreiro. Os óleos estarán expostos no Centro Cultural dende o 4 ata o 24 de febreiro
Este xoves, 4 de febreiro, inaugúrase, no Centro Cultural da Guarda a mostra “Auga Salgada” do pintor moañés Manuel Chapela. A apertura de portas desta exposición será ás 19,30 horas.
Durante o mes de febreiro a Sala de Exposicións do Centro Cultural encherase cunha mostra de vinte óleos con temática mariña. Ondas, rompentes, treboadas, barcos, chalanas, lembranzas do Atlántico e incluso Terras de Outono, conforman a proposta deste artista autodidacta.
As súas pinturas xa visitaron, con gran éxito, as principais salas de exposición de cidades coma Vigo, Pontevedra, Moaña, Marín, Tui e Cangas.
O horario de apertura será de luns a venres en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Os sábados só en horario de mañá.