RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
 
 
Como Chegar

DISTANCIAS

  • Tui: 28 km
  • Baiona: 30 km
  • Vigo: 49 km
  • Pontevedra: 80 km
  • A Coruña: 210 km
  • Lugo: 267 km
  • Ourense: 122 km
  • Madrid: 617 km
  • Caminha: 7 km
  • Viana do Castelo: 29 km
  • Oporto: 105 km


  • POR ESTRADA
    Dende o interior da península accédese pola Autovía Rías Baixas A-52 en dirección Vigo, logo existen dúas opcións, a primeira en dirección a Tui pola autovía A-55 e despois cara A Guarda pola estrada PO-552 que discorre paralela ao río Miño. A outra opción é pola autoestrada AG-57 ata Baiona e despois continúa pola PO-552 ata A Guarda seguindo a liña da costa.

    DESDE PORTUGAL
    A Guarda está comunicada coa localidade portuguesa de Caminha polo transbordador que cruza o río Miño ata o barrio de Pasaxe (A Guarda). Os traxectos realízanse ás horas en punto dende Caminha e ás medias dende A Guarda. A tempada abrangue:

    1 Setembro – 30 Xuño: 9:30 a 20:30 h.
    1 Xullo- 31 Agosto: 9:30 a 22:30 h.

    No caso de non utilizar o transbordador, a outra opción sería ir dende Caminha ata Vilanova de Cerveira (a 10 km) e cruzar pola ponte da Amizade ata Goián (Tomiño) e despois outros 10 km pola PO-552 en dirección á Guarda.


    EN TREN
    A principal estación de ferrocarril é a de Vigo a 49 km aínda que a máis próxima é a de Guirallei (Tui) a 30 km.

    EN AVIÓN
    O aeroporto máis próximo é o de Peinador en Vigo con chegadas dende as principais cidades españolas.
     
    Parcialmente soleado
    32 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000