RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
  • Servizos municipais
  • Muller
O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
 
 
ImageO CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DA GUARDA(CIM) é un servizo público e gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades e demandas concretas que se lles presentan ás mulleres.O CIM ten ámbito comarcal polo que atende a todas as mulleres da Comarca do Baixo Miño (Concellos da Guarda, Tomiño,O Rosal e Oia).
Atenden o Centro unha traballadora social, unha psicóloga e unha avogada.

A Traballadora social do CIM leva a cabo as seguintes funcións:
  • Estudo e valoración das necesidades e problemáticas sociais
  • Entrevistas individualizadas e posterior derivación a psicóloga ou avogada se é necesario.
  • Intervención socio- familiar e mediación
  • Información e posterior xestión dos recursos sociais existentes na comunidade. (tramitación das prestacións económicas necesarias)
  • Programación  e coordinación de actividades tanto formativas como de ocio destinadas ás mulleres do ámbito de influencia do CIM
  • Información sobre trámites e procesos de separación matrimonial  e divorcio
  • Información sobre dereitos das parellas de feito
  • Información e tramitación de Asistencia Xurídica Gratuíta.
  • Información sobre o proceso a seguir cando unha muller é vítima de malos tratos
  • Cando as vítimas de violencia de xénero requiren de atención urxente, estúdase a posibilidade de xestionarlle un domicilio inmediato tanto para ela  como para os seus fillos.
  • Solicitar a atención policial se existe risco para a seguridade e integridade física da muller e informarlle sobre a necesidade de denunciar estes feitos perante o Xulgado de Garda ou a autoridade policial..
  • Acompañamento ás mulleres vítimas de malos tratos ao xulgado para asistencia nos xuízos
  • Fomento do asociacionismo e participación das mulleres

A psicóloga ofrece asesoramento psicolóxico  a nivel individual e familiar.
A avogada ofrece asesoramento xurídico en dereito de familia e  dereito penal.
 
Parcialmente soleado
31 °C
 
Axenda
Novas
Fotos / Videos
Reportaxes Gráficas
Foro Navegaguarda
Perfil do contratante
Monte Santa Trega
Portal do Cidadán
Rúa Praza do Reló Nº 1
36780 A Guarda
986 610 000