 Son insculturas rupestres realizadas ó aire libre. No Monte Santa Trega localizáronse 30 grupos de gravados rupestres, entre o que cabe salientar a Laxe Sagrada ou Laxe do Mapa. Consiste en figuras de círculos concéntricos, simples e numerosas cazoletas. Na rocha central aprécianse unha serie de liñas que algúns autores interpretan como unha representación cartográfica do monte santa Trega. Nas inmediacións do poboado, no alto dun penedo é visible un gravado serpentiforme. No interior do recinto amurallado, polo corredor distribúense espirais, círculos concéntricos e numerosas cazoletas. |