QUÉ SON OS SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA? Os servizos sociais de atención primaria, constitúen o nivel máis próximo ao usuario e ao seu ambiente familiar e social, desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estaren en situación de carencia ou marxinación.
FUNCIÓNS DOS SERVIZOS SOCIAIS:
- Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
- Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
- Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servizos existentes cando así o requira o caso.
- Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolles a participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomento actitudes e conciencia solidaria.
- Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva.
- Axuda a integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
- Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo.
- Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.
EQUIPO PROFESIONAL
- 2 TRABALLADORAS SOCIAIS
- 1 EDUCADORA FAMILIAR
- 1 AUXILIAR ADMINISTRATIVA
- 9 AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO
Labores de coordinación directa con: CIM, OMIX, Programa Educación Familiar
PROGRAMAS BÁSICOS DE SERVIZOS SOCIAIS
PROGRAMA DE INFORMACIÓN ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO Ten por obxecto informar os/as cidadáns/ás sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, aos servizos sociais de atención especializada.
Dirixida a toda a poboación en xeral.
PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR Ten por obxecto prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora aos cidadáns no seu domicilio, naquelas situacións nas que se ten limitada a súa autonomía persoal o nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización.
O servizo de Axuda no Fogar é un instrumento de intervención social, considerado imprescindible para lograr mellor calidade de vida e benestar dos/as usuarios/as
Sendo tamén un instrumento con capacidade integradora e socializadora da familia.
PROGRAMA DE INSERCIÓN SOCIAL Prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
PROGRAMA DE CONVIVENCIA ALTERNATIVA Oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situación de emerxencia persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.
|