RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
 
 
Xacementos arqueolóxicos
Castro da Forca
Ó comezo da subida ó monte, está o Castro da Forca, escavado no seu momento pola  Sociedade Promonte, quen atopou muros, casas circulares, contas de vidro, restos cerámicos etc. No ano 1984, por iniciativa do Museo de Pontevedra e baixo a dirección de Xulio Carballo realizáronse novos traballos que viñeron a confirmar que se trata dun castro pouco romanizado que se remonta ó século IV a. C.
Escavacións
XacementosOs restos arqueolóxicos do coñecido poboado castrexo do monte Trega foron descubertos en 1913, ó abrirse a estrada de acceso ó alto do monte para realizar traballos de acondicionamento do terreo nas inmediacións da ermida da Santa. Coa aparición dos abundantes restos a Sociedade Pro-Monte impulsa as primeiras campañas de escavacións. Ignacio Calvo continúa, entre os anos 1914-1923, os labores iniciadas pola Sociedade Pro-Monte e escava as zonas denominadas Calvo I e II, a muralla e algunhas vivendas na zona Sur. Na campaña de 1928-1933 Cayetano de Mergelina dirixe as escavacións na zona da Porta Sur e na chaira Leste, máis coñecida como sector Calvo II. O 3 de xuño de 1931 o xacemento é declarado Monumento Histórico Artístico Nacional. Entre o 1952 e 1972 dirixe as campañas Manuel Fernández Rodríguez quen escavou na ladeira noroeste, preto da Casa Forestal. Entre os anos 1979 e 1980 realízanse unha serie de traballos de consolidación e limpeza dirixidos por D.Alfredo García Alén. Ata o momento, as últimas campañas de escavacións sistemáticas desenvolvéronse entre os anos 1983-1987 baixo a dirección de Antonio da Pena Santos. A zona de intervención foi o ángulo Noroeste e o interior da muralla do poboado, na porta Norte, sector Calvo (I). Froito desta última campaña foi a necesidade de proceder á consolidación e restauración dos restos deste sector do poboado, traballos que estiveron a cargo de Montserrat García-Lastra Merino.
Cronoloxía
O poboado castrexo-romano, de grandes dimensións, tivo a súa época de maior esplendor entre os séculos I a.C. e foi abandonado na práctica totalidade no I d.C. Nesta época o Noroeste peninsular acaba de ser incorporado ó Imperio Romano e cobran importancia as rutas marítimas con fins comerciais e as que remontan o Miño.
As vivendas
Os castros presentan plantas circulares ou ovaladas Vivendase distribúense illadas unhas doutras, sen paredes medianeiras salvo contadísimas excepcións. A vivenda circular é o tipo que máis abunda en todo o poboado, en torno ao 70% das construcións. Estas vivendas contan cun vestíbulo no que adoita aparecer o forno, nalgunhas casas atópase no interior, incrustado na parede. Como elementos máis importantes, podemos destacar a lareira formada por unha lousa plana horizontal e tres levemente arqueadas, os bancos corridos e a cuberta vexetal.
A vivenda de planta ovalada é menos abundante, o 18% das edificacións. Na maior parte dos casos non presenta entrada ó nivel do chan e tampouco vestíbulo. As vivendas de planta rectangular foron introducidas polos romanos e para o seu sistema de cubrición usábanse tégulas.
Concheiro
Situado na zona da Porta Sur designa o lugar destinado a servir como depósito dos desperdicios da alimentación. Abundan os restos das conchas dos diferentes moluscos, mexillóns, lamparóns e tamén restos óseos de cérvidos, ovinos, etc...

 
Posibilidad de lluvia
12 °C
  
Axenda
Novas
Fotos / Videos
Reportaxes Gráficas
Foro Navegaguarda
Perfil do contratante
Monte Santa Trega
Entroido 2010
Portal do Cidadán
Rúa Praza do Reló Nº 1
36780 A Guarda
986 610 000