A información constitúe o primeiro paso para lograr a participación activa e responsable dos mozos e mozas na sociedade. A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) realiza o seu traballo para converterse nun instrumento de información, asesoramento e documentación en todos aqueles temas que interesan e afectan á mocidade. Estes temas son:
- Tempo libre
- Carnés
- Formación e emprego
- Axudas e bolsas
- Vivenda
- Europa xove
- Voluntariado
- Campamentos e campos traballo
- ...
Por outra banda este servizo trata de planificar e organizar actividades para a promoción e dinamización da poboación máis nova do municipio.
A oficina traballa en coordinación con outros departamentos e/ou servizos municipais como son: servizos sociais, educación familiar, CIM, axente de emprego e desenvolvemento local, ... Ademais forma parte da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil dependente da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar.
|