|

A vila conta con praias fluviais e marítimas, as características das praias son diferentes polo que A Guarda oferta aos seus habitantes e visitantes variadas opcións para todos os gustos.
PRAIAS DO RÍO MIÑO

Aos que lles guste gozar da natureza e dos paisaxes do Río Miño, dispoñen das praias fluviais da Armona, A Lamiña e O Muiño que se estenden ao longo de 2 Km, formando unha bela unidade. Ademais da gran tranquilidade e magníficas vistas, as praias do río Miño están enmarcadas por un piñeiral que permite realizar alí a merenda ou se se prefire gozar dun agradable paseo. Destacar que estas praias fluviais vense afectadas polas mareas ao encontrarse situadas na desembocadura do río. É dicir, a salinidade das súas augas aumenta considerablemente cando a marea sobe. A marea tamén afecta á temperatura da auga, pois é oceánica en preamar e temperada mediterránea en baixamar. Ademais, pódense realizar actividades náuticas e deportivas como voleibol praia, kite-suf, windsurf, ...
PRAIAS MARÍTIMAS

Para os que prefiran a paisaxe que ofrece o océano Atlántico e tomar o sol na praia ou nas rochas poden escoller entre as praias de Area Grande, Fedorento e O Carreiro, única praia situada no casco urbano. Estas praias marítimas son coñecidas polas propiedades beneficiosas para a saúde que teñen as súas augas. Trátase de pequenas calas de area abertas ao océano, ideais para o baño, e a práctica de actividades deportivas como a vela, o submarinismo ou a pesca deportiva.
|