RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    Torneo Baloncesto 3x3 Mixto
    O próximo día 2 de xaneiro de 2010, e dentro do conxunto de actividades do Nadal que se desenvolven por parte do
    Concello da Guarda, celebrarase o I Torneo de Baloncesto 3X3 Mixto Concello Da Guarda.
    O Torneo disputarase na pista de baloncesto do Centro Cultural, dando comezo ás 10.00 da mañá. Dependendo do número de participantes, o torneo desenvolveríase en horario de mañá e tarde (16.00).
    A organización resérvase o dereito a modificar a duración dos partidos, coa intención de axilizar o torneo.

    Establécense as categorías:
    • Junior: de 14 a 17 años
    • Absoluto: de 18 en diante.

    Cada equipo estará formado por 4 participantes, un dos cales empezará como suplente, sendo obrigatorio que sexa mixto. Un xogador/a non poderá estar inscrito en máis dun equipo.

    As inscricións realizaranse no Concello, cumprimentando a ficha de inscrición e entregando unha fotocopia do DNI dos integrantes de cada equipo.

    A data tope de inscrición será o martes 29 de decembro.

    Todos aqueles interesados en participar poderán pedir información no teléfono do Concello 986614546.
    Image

    REGULAMENTO DE XOGO - BALONCESTO 3X3 MIXTO
    • Xógase nunha soa canastra.
    • Os equipos estarán compostos por catro xogadores, un dos cales empezará como suplente. Será obrigatorio que o equipo sexa mixto.
    • Cada equipo debe nomear un capitán que será o representante único.
    • O xogo será a 21 puntos con dous de vantaxe e terá unha duración máxima de 15 minutos. Ao final dese tempo, gañará o encontro o equipo que vaia por diante no marcador.
    • No caso de que o partido finalice en empate, os tres xogadores que nese momento estean xogando por cada equipo, terán que lanzar un tiro libre cada un e gañará o encontro o equipo que máis enceste.
    • Cada canastra vale un punto, excepto aquelas conseguidas desde máis aló da liña de 3 puntos, que valerán 2 puntos.
    • A primeira posesión do balón será sorteada polos capitáns.
    • Logo de cada cambio de posesión, rebote defensivo ou balón recuperado, o balón deberá saír máis aló da liña de 3 puntos, antes de poder anotar. Se anotasen sen saírse da liña de 3 puntos a canastra será sumada no marcador do equipo contrario e a posesión sería para este mesmo equipo.
    • Logo de cada canastra o balón cambia de posesión e iníciase o xogo desde detrás da liña de medio campo cun pase.
    • Cando o balón salga fóra, deberá porse en xogo desde a banda.
    • As loitas supón, sempre, a posesión do balón para o equipo que defendía.
    • As faltas sacaranse sempre de banda.
    • Os xogadores serán eliminados ao cometer a súa quinta falta persoal. O xogo pode continuar ata que un dos equipos quede cun só xogador.
    • As faltas intencionadas non se permitirán e serán penalizadas cun tiro libre e a posesión do balón para o equipo sobre o que recaia a falta.
    • O principio fundamental do 3X3 é o "fair-play", ou xogo limpo. Cada partido rexerase por este principio e os participantes actuarán como árbitros. Cada xogador/a debe declarar as faltas que comete. Todas as faltas serán sinaladas polos xogadores.
    • Ningún xogador participará en máis dun equipo.
    • Os equipos que se atrasen máis de 5 minutos da hora de comezo do encontro serán penalizados.
    • Se algún membro da organización observa un comportamento antideportivo nun ou varios xogadores dun equipo, ou ben nos acompañantes deste mesmo equipo, influíndo no lóxico transcorrer do xogo, poderán ser eliminados da competición.
     
    Despejado
    30 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000