|
Convócase 1 praza para cobrador-celador/a do Monte Santa Trega |
|
Por resolución do Presidente do Padroado Municipal Monte Santa Trega, de data 27 de xaneiro de 2010, se aproban as bases para a contratación laboral temporal de:
1 PRAZA DE COBRADOR/CELADOR DO MONTE
O padroado do Monte Santa Trega selecciona unha persoa para cobrador-celador/a do Monte Santa Trega.
As bases da convocatoria e a instancia están a disposición dos interesados nos enlaces abaixo indicados ou no Rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 horas os sábados, ata 4 de Febreiro do 2010, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.
En A Guarda, a 28 de Xaneiro de 2010.
O ALCALDE JOSE MANUEL DOMINGUEZ FREITAS
BASES | INSTANCIA |