|
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello da Guarda, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de febreiro no CDSI da Guarda, sito no Centro Cultural. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
- “Solicitude de cita médica en Internet”: con este obradoiro ensinarase a solicitar ou anular citas médicas co SERGAS sen necesidade de desprazarse. Terá lugar o luns, 1 de febreiro, en horario de 10:45 a 12:45 horas.
- “Mecanografía”: ao finalizar este obradoiro será capaz de escribir con todos os dedos e sen mirar ao teclado do computador. Desenvolverase en dúas quendas:
Do 2 ao 12 de febreiro, de luns a venres en horario de 10:45 a 12:00 horas
Do 15 ao 25 de febreiro, de 10:45 a 12:00 horas.
- “Alfabetización dixital: Informática e Internet”: ao finalizar este obradoiro, o usuario/a será capaz de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis. Terá lugar os martes, mércores e xoves do 2 ao 11 de febreiro, de 16 a 17:30 horas.
- “Procesador de textos: Writer” O usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de crear e modificar un documento de texto empregando o OpenOffice Writer. De luns a xoves, do 15 ao 25 de febreiro, de 16 a 17:15 horas.
- Asemade, está prevista a realización da charla “Redes Sociais ” o día 26 de febreiro, ás 11 horas no CDSI da Guarda.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
Para solicitar máis información sobre as actividades da RDSI en A Guarda poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito na rúa Rosalía de Castro, nº 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
Contacto: Rubén Carlos Hermida Garazo Dinamizador da Sociedade da Información www.redededinamizacion.eu.
 |