|
Escolares da Guarda visitan o punto limpo |
|
O día 28 de xaneiro os alumnos do Colexio San José de primeiro e segundo de secundaria visitaron o Punto Limpo da Guarda que está situado na zona da Sangriña ao carón da Piscina Municipal.
O Concelleiro de Servizos e Tráfico Paulino Rodríguez González foi o encargado de recibir os alumnos e darlle unha explicación do funcionamento do Punto Limpo e de onde van a parar despois os residuos. Os alumnos contribuiron a reciclaxe levando pilas usadas. O término da visita os alumnos foron premiados pola súa atención cun agasallo. |