RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    O concello expoñerá ó público o Plan de Ordenación do Litoral (POL)
    Hai uns días tivo entrada no Concello de A Guarda o Plan de Odenación do Litoral (POL). A partir de entón ábrese un período de dous meses para que as Corporacións Municipais, as Deputacións Provinciais e as entidades de carácter supramunicipal con incidencia na área poidan emitir informe respecto do POL. Os planos  que nos remitiron ós concellos son, porque as cores están pouco diferenciadas, de moi difícil interpretación.

    Aínda que durante esta fase os particulares non poden emitir informe, é intención do grupo de goberno do Concello expoñelo públicamente para que tódolos cidadáns poidan coñecer o Plan de Ordenación do Litoral e, de ser o caso, facerlle chegar ó Concello as consideracións que estime oportunas para ser recollidas, se é procedente, no informe municipal.

    Tiñamos pensado expoñer os planos xa. Pero postos en contacto na mañá de hoxe coa Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe confírmasenos que imos recibir nos concellos uns novos planos con cores máis diferenciadas. En canto teñamos estes novos planos estarán a disposición dos veciños no Concello, cousa que anunciaremos debidamente.

                                                       A Guarda,  15 de febreiro de 2010

                                                                           O Alcalde,
                                                         José Manuel Domínguez Freitas
     
    Parcialmente soleado
    31 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000