|
Contratación laboral temporal dun Profesor para o curso de Educación de Adultos (Humanidades/Social) |
Aprobadas as bases para a contratación laboral temporal para o curso escolar 2010 dun Profesor para o curso de Educación de adultos (15 horas semanais, de febreiro a setembro).
As bases da convocatoria estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral do Concello de A Guarda, dende o día seguinte da publicación do presente anuncio ata o 10 de febreiro de 2010 en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a veres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.
A titulación esixida será a de Diplomado en maxisterio, especialidade Primaria ou Licenciados en Humanidades/Social que teñan o curso de aptitude pedagóxica CAP.
O ALCALDE
JOSE MANUEL DOMINGUEZ FREITAS
|