RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    O Centro de Dinamización da Guarda remata xaneiro con 24 novos usuarios e usuarias

    Image                                                                                                   Image 

    A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en xaneiro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías na Guarda. No mes que rematou impartiu un total de 4 obradoiros tecnolóxicos, a través dos que se formou a 26 persoas e que se estenderon ao longo de 37 horas.

    Asemade, 24 persoas inscribíronse como usuarios/as da Rede para poder aproveitar -sempre de xeito gratuíto- as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, que foi utilizada nun total de 303 ocasións.
    En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello da Guarda en xaneiro de 2007, foron xa 668 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 98 obradoiros nos que se formou a 636 participantes.

    A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.


    Para solicitar máis información sobre as actividades da RDSI en A Guarda poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito na rúa Rosalía de Castro, nº 14, chamar ao teléfono 986.611.850 ou mandar un correo electrónico ao enderezo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

    Contacto:
    Rubén Carlos Hermida Garazo
    Dinamizador da Sociedade da Información
    www.redededinamizacion.eu.

    Image

     
    Parcialmente soleado
    29 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000