A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o Voluntariado Xacobeo 2010 que se desenvolverá durante este Ano Santo ao longo dos 9 Camiños de Santiago.
O programa está destinado a todas as persoas que queiran ser voluntarios e voluntarias e que estean dispostos a colaborar en tarefas basicamente informativas, culturais e de enlace dentro deste Ano Xacobeo.
A Guarda é unha das etapas do Camiño Portugués que discorre pola costa e se converte na porta de entrada para os peregrinos que deciden disfrutar desta ruta.
O noso municipio forma parte do Programa de Voluntariado deste ano Xacobeo polo que espera a participación de tódalas aquelas persoas interesadas en colaborar con este proxecto. O tipo de voluntariado que se vai desenvolver sería o seguinte e entre os que se pode escoller serían os seguintes:
VOLUNTARIADO INFORMATIVO, CULTURAL E DE SERVIZOS
A través dun posto de información fixo, limitándose aos puntos máis críticos do Camiño, onde os voluntarios e voluntarias informarán das actividades, visitas ou servizos que se realizan pola zona correspondente.
Colocaranse paneis informativos ao longo dos 9 Camiños, indicando os lugares onde se atoparán eses puntos de información, que estarán situados nos albergues de peregrinos elixidos e nas Oficinas Municipais de Información Xuvenil dos concellos colaboradores do programa de voluntariado (Concello da Guarda).
VOLUNTARIADO DE INFORMACIÓN Móbil AO PÉ DO CAMIÑO
Patrullando por parellas os tramos entre as etapas dos diferentes camiños –segundo a distribución adxunta– e ofrecendo información ao viaxeiro que a solicite.
VOLUNTARIADO DE ACOMPAÑAMENTO DE GRUPOS
Para grupos organizados que así o requiran. É preciso ter cumpridos os 18 anos.
VOLUNTARIADO DA SABEDORÍA
Para que os maiores de 65 anos do lugar conten as súas experiencias e vivencias no Camiño.
DATAS DE REALIZACIÓN
- Durante a Semana Santa
- A partir de Semana Santa: o voluntariado desenvolverase durante as fins de semana (sábados e domingos).
- A partir do mes de xuño: o voluntariado terá unha duración mínima de 3 días e máxima de 15.
CONDICIÓNS XERAIS
Para participar como voluntario/a é preciso reunir os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 18 anos (sen límite de idade).
- Coñecer o lugar de desenvolvemento do voluntariado. Fomentarase o voluntariado local, para que a información que se proporcione sexa o máis ampla e correcta posible.
- Realizar e obter a cualificación de “apto” no curso de formación en liña que se ofertarán.
Anótate chamando ao teléfono solidario 900 400 800 ou a través da páxina web
www.voluntariadogalego.org .
Tamén podes atopar máis información nos departamentos da OMIX e Educación Familiar ou chamando os teléfonos: 986 614 546, 986 608 911.
•
Díptico do programa