RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    Exposición de pintura de Alicia Alonso
    ImageEste verán entre o 17 de xullo e o 14 de agosto a planta baixa do novo concello da Guarda, na casa dos Alonsos, abrirá as súas portas para mostrar unha exposición retrospectiva da pintura de Alicia Alonso.
    As amplas salas cas que conta a planta baixa do novo concello ofrecen un espazo ideal, segundo declaracións da propia pintora, para algunhas das obras de gran formato que Alicia quere mostrarnos, cadros que non sería posible admirar en toda a súa plenitude nun espazo máis reducido sen a perspectiva necesaria.
    A mostra abrangue tódalas etapas da súa produción artística dende 1958 ata 2010. Unha colección de acuarelas, debuxos e óleos moi persoais e intimistas que se moven entre o alegórico e o costumista con especial atención a temática popular, as xentes e oficios do campo e do mar.
    Esta exposición será un  privilexio para todos aqueles que somos admiradores da obra de Alicia Alonso na que poderemos facer un recorrido por toda a súa carreira artística incluíndo obras inéditas destes últimos anos. A mostra será tamén  unha oportunidade para coñecer as obras executadas na primeira fase da construción do novo concello.
    O comisario e coordinador da exposición é Manuel Ángel Ávarez Pérez, especialista en arte contemporáneo, quen xa deu mostras do seu bo facer levando a cabo a exposición de Antonio Fernández realizada no verán de 2009 no Centro Cultural.
     
    Posibilidad de lluvia
    17 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000