RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    II Mostra das Tradicións Mariñeiras
    ImageTrala excelente acollida de veciños e visitantes da I Mostra o concello e asociacións colaboradoras están a traballar para mellorar o programa de actividades da pasada edición.

    A finalidade desta Mostra é amosar a vida mariñeira da Guarda coas súas particularidades cun completo e variado programa de actividades. Todalas actividades teñen lugar nos diferentes espazos do porto: explanada, paseo marítimo e rúa do Porto.

    Esta mostra conta con exposicións fotográficas e de aparellos de pesca na carpa, exposicións de embarcacións tradicionais no paseo marítimo, diferentes e variados obradoiros. Ademais ofértanse actividades lúdicas como un mercado mariñeiro, xogos populares, paseos en gamela e gameliñas,... Nesta edición haberá novos obradoiros como o cascado, o secado do congro, etc.

    Como complemento na explanada do porto habilítase unha taberna mariñeira e na noite do sábado ten lugar un importante Serán que finaliza cunha queimada.

    Nesta II edición destaca como novidade a organización da Regata das Traineras “ I ª Bandeira Concello A Guarda” na tarde do sábado. Como peche dun completo fin de semana, o domingo haberá un concerto da Coral de Ruada e da Agrupación Coral Polifónica da Guarda.

    Próximas citas:
    A II Mostra das Tradicións Mariñeiras será presentada o próximo día 21 de xullo ás 20 horas no Centro Cultural onde estarán presentes todos as asociación e organismos colaboradores e onde se amosará o video desta II Mostra.

    A conferencia deste ano "Especies e espazos mariños protexidos" terá lugar no Centro Cultural o xoves 22 de xullo ás 20.30 horas e intervendrá Alfredo López Fernández de C.E.M.M.A.

    24 e 25 de xullo: II Mostra das Tradicións Mariñeiras

    Image
     
    Posibilidad de lluvia
    16 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000