RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    Ruta nocturna dos petroglifos e sons do Torroso
    18/07/2010
    Xa está aberto o prazo de inscrición á “Ruta Nocturna dos Petroglifos e Sons do Torroso” ata o día 27 de xullo. O número máximo de participantes para esta actividade limítase a 100 (por orde de inscrición), é por iso que todas aquelas persoas interesadas terán que inscribirse no Concello entre os días 13 e 27 de xullo.

    A visita realizarase o próximo venres 30 de xullo de 2010, e consistirá nunha visita guiada explicativa destes gravados rupestres e dos sons das diferentes especies de paxaros que habitan neste monte.

    O punto de encontro será a Casa Forestal do Torroso ás 22.30 horas. Recoméndase ós participantes que leven linternas, roupa e calzado cómodo, pois a ruta farase a pé, organizándose en dous grupos de 50 persoas cada un.

    A ruta será guiada novamente por Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudios Miñoranos e ppor Agustín Ferreita, de ANABAM.
     
    Ruta Nocturna dos Petróglifos e Sons do Torroso
    Data: 30 de xullo de 2010
    Hora: 22.30
    Lugar de saída: Casa Forestal do Torroso
    Inscricións: do 13 al 27 de xullo no Concello da Guarda
    Organiza: Concello da Guarda
    Colabora: ANABAM e Instituto de Estudios Miñoranos e Comunidade de Montes de Salcidos
     
    Posibilidad de lluvia
    17 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000