RSS
Galego
 




Estás en: Inicio
    O CONCELLO A VILA DA GUARDA TURISMO E OCIO
     
     
    Actos previos na II Mostra das Tradicións Mariñeiras
    Hoxe, mércores da comezo os actos previos a II Mostra das Tradicións Mariñeiras que terá lugar no porto da Guarda este fin de semana cun variado programa.

    O Centro Cultural acolle hoxe ás 20:00 horas a Presentación da II Mostra das Tradicións Mariñeiras. Nesta segunda edición a temática escollida foi “Lendas do Mar da Guarda” onde se amosará nun vídeo as lendas, medos e supersticións dos mariñeiros e continuará Xosé Lois Vilar cun breve coloquio.

    No mesmo acto farase entrega da Bandeira da Guarda á Asociación de Remo Robaleira para a I Regata de Traíñas Concello da Guarda.

    Recordamos que o xoves 22 de xullo ás 20.30 horas terá lugar na Cofradía de Pescadores, a Conferencia "Especies e espazos mariños protexidos", intervendrá Alfredo López Fernández de C.E.M.M.A.
     
    Posibilidad de lluvia
    17 °C
     
    Axenda
    Novas
    Fotos / Videos
    Reportaxes Gráficas
    Foro Navegaguarda
    Perfil do contratante
    Monte Santa Trega
    Portal do Cidadán
    Rúa Praza do Reló Nº 1
    36780 A Guarda
    986 610 000