|
Cerrada a inscrición na Ruta nocturna dos petroglifos e sons do Torroso |
|
22/07/2010 |
|
Xa está cerrado o prazo de inscrición á “Ruta Nocturna dos Petroglifos e Sons do Torroso” por chegar o cupo máximo. O número máximo de participantes para esta actividade limítase a 100 (por orde de inscrición).
A visita realizarase o próximo venres 30 de xullo de 2010, e consistirá nunha visita guiada explicativa destes gravados rupestres e dos sons das diferentes especies de paxaros que habitan neste monte.
O punto de encontro será a Casa Forestal do Torroso ás 22.30 horas. Recoméndase ós participantes que leven linternas, roupa e calzado cómodo, pois a ruta farase a pé, organizándose en dous grupos de 50 persoas cada un.
A ruta será guiada novamente por Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudios Miñoranos e ppor Agustín Ferreita, de ANABAM.
Ruta Nocturna dos Petróglifos e Sons do Torroso
Data: 30 de xullo de 2010
Hora: 22.30
Lugar de saída: Casa Forestal do Torroso
Organiza: Concello da Guarda
Colabora: ANABAM e Instituto de Estudios Miñoranos e Comunidade de Montes de Salcidos
|