O colexio PP. Somascos acolle este martes unha charla sobre prevención do consumo de drogas organizada pola Concellería de Xuventude da Guarda
Dende a concellería de Xuventude do Concello da Guarda estanse a levar a cabo varias actividades nestes primeiros meses do ano para promover a prevención do consumo de drogas.
Dende a concellería de Xuventude do Concello da Guarda estanse a levar a cabo varias actividades nestes primeiros meses do ano para promover a prevención do consumo de drogas. En concreto, estase a poñer un gran esforzo en educar e ampliar os coñecementos das familias sobre o tema e, en especial, na prevención da drogodependencia en relación co uso das redes sociais polos mozos e mozas como o seu canle de comunicación habitual.
A acción educativa está formada por dúas partes: por unha banda está o traballo que realiza a asociación Érguete cos rapaces e rapazas de 1º da ESO dos centros educativos do municipio; e por outra banda o traballo coas familias, que consiste nunhas xornadas didácticas nos centros conducidas por Esteban Figueirido, psicólogo e terapeuta familiar.
A través de tres charlas, unha por cada centro educativo de secundaria do municipio, estanse a mostrar ferramentas e habilidades que axuden ás familias a tratar estes temas cos fillos/as. A primeira charla tivo lugar o pasado martes 31 de xaneiro no Colexio San José da Guarda. Este martes 14 de febreiro celebrarase a segunda no Colexio PP. Somascos ás 19:30 horas. E a última terá lugar o 28 de marzo no I.E.S. A Sagriña.
Dende o concello da Guarda convídase a participar a todos os pais, nais, educadores e a toda a comunidade educativa dos centros participantes, para deste xeito poder acadar coñecementos cos que previr e enfrontarse a un problema tan importante como é o consumo das drogas, sobre todo na poboación máis nova.