O concello da Guarda apoia a Fibromiño na súa nova andaina
En días pasados a concelleira de asuntos sociais, Tere Vicente, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantiveron unha xuntanza cunha representación da asociación de enfermos de fibromialxia do Baixo Miño, Fibromiño.
En días pasados a concelleira de asuntos sociais, Tere Vicente, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantiveron unha xuntanza cunha representación da asociación de enfermos de fibromialxia do Baixo Miño, Fibromiño.
O alcalde e a concelleira achegáronse a sede da asociación, situada no edificio do Sinde Vello, para coñecer a súa nova directiva, escoitar os seus plans de futuro, e ofrecerlle a súa colaboración e apoio.
Conscientes de que nos últimos tempos a asociación reduciu a súa actividade, a nova directiva pretende reactivala. Teñen claro que hai moitos enfermos e familias que necesitan o seu apoio, queren establecer novos canles de información para axudar ás persoas afectadas por esta enfermidade e incluso estendelo a outras enfermidades raras. Plantearon a necesidade de realizar cursos, conferencias e xornadas para chegar aos afectados e a cidadanía en xeral.
Durante a reunión tamén se falou do ámbito comarcal da asociación e da necesidade de que os concellos do Baixo Miño se impliquen e colaboren para chegar a tódolos enfermos e familias que o necesiten. Para elo, nesta primeira fase da súa andaina como directiva, teñen a intención de achegarse aos concellos baixomiñotos e dar a coñecer os seus plans aos responsables municipais.
Dende o concello da Guarda, como xa sucedeu no pasado, o alcalde e a concelleira reiteraron a súa disposición para axudar a Fibromiño no que sexa preciso, facendo de interlocutores diante de outras administracións, axudando a organizar actividades e ofrecendo os espazos e medios que necesiten. Por último o alcalde agradeceu aos presentes a súa implicación e ganas de traballar, recordando que na Guarda témonos que sentir orgullosos por tódalas as asociacións, sociais, culturais e deportivas que desenvolven a súa actividade na localidade.