O CONSERVATORIO DE MÚSICA DA GUARDA ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
O conservatorio de música da Guarda informa que o prazo de inscrición para estudar música estará aberto ata o próximo venres, día 5 de xuño.
No conservatorio poden estudar alumnos dende os seis anos de idade e sen límite superior. Recórdase tamén que a escola dispón de instrumentos para prestar.
Os instrumentos que se ofertan son: flauta travesera, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, gaita, piano, violín, viola e guitarra clásica ou eléctrica.
Todos aqueles interesados que precisen máis información poden chamar o número de teléfono 986 61 30 02 ou achegarse ó conservatorio en horario de 13 a 21 horas.