O Mercado da Música chega este sábado á súa VII edición
O Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello da Guarda, chega o vindeiro sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da Guarda e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis.
Ás 11:00h da mañá arrancan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas.
Diferentes stands amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos, roupa de segunda mán, entre outros.
Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge e máis grupos por confirmar.
Tag:A Guarda, concertos, mercado da música, Música