Os nenos e nenas da Guarda preparan un lipdub para conmemorar o Día da Paz
Os escolares guardeses dos diferentes centros educativos uníronse, da man do centro San Xerome Emiliani, para facer un baile con mensaxe para conmemorar esta data. A Concelleira de Educación, Elena Baz, afirmou que foi unha iniciativa “moi emocionante”
Os nenos e nenas da Guarda dos diferentes centros educativos xuntáronse hoxe, martes 26 de xaneiro, para preparar a celebración do Día da Paz, fixado no 30 de xaneiro.
Máis de 350 alumnos e alumnas de diferentes idades uníronse nun lipdub -video musical realizado por persoas que sincronizan os seus labios, xestos e movementos- ao son da canción “Seguiremos” do artista Macaco.
Nos próximos días, e tras a montaxe das imaxes, o vídeo se publicará.
A idea de facer esta gravación partiu de Pablo Álvarez, monitor de diferentes actividades do Colexio San Xerome Emiliani. “A primeira idea foi facelo a nivel de centro pero consideramos que era bo que os diferentes nenos e nenas se unisen nesta actividade”, afirma Álvarez. Aínda que recoñece que é unha actividade que da moito traballo, todos os participantes están moi contentos polo resultado.
“Para conmemorar unha data coma esta era importante a unión de os nenos e nenas de todos os colexios”, comentou Pablo Álvarez tras a gravación.
A Concelleira de Educación e Cultura, Elena Baz, quixo estar presente nesta actividade. “Paréceme unha iniciativa estupenda. Todas as actividades que fagan os nenos e nenas ou polos nenos e nenas é apostar por un futuro mellor para a nosa vila”, afirmou a Concelleira.
Elena Baz quixo agradecer a colaboración a todos os centros escolares e por suposto ao centro San Xerome Emiliani, do que partiu a iniciativa.