Prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación do servizo de asistencia sanitaria para o persoal funcionario do Concello de A Guarda
PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA O PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE A GUARDA.
Cláusula primeira: extensión mínima do servizo.
O contido e condicións do servizo axustaranse ás presentes cláusulas:
a) As prestacións do servizo terán, como mínimo, o mesmo alcance e condicións cás do sistema do Réxime Xeral da Seguridade Social, tal como establece o artigo sexto e a disposición transitoria quinta do Real decreto 480/1993.
b) O cadro médico disporá dun número de facultativos de medicina xeral en A Guarda, que suporía unha contía non superior a cen beneficiarios por facultativo.
c) O centro ou centros hospitalarios concertados reunirán as condicións suficientes para garantir as prestacións obxecto do contrato, a nivel local, provincial, da Comunidade Autónoma ou a nivel de territorio nacional ou estranxeiro.
d) Deberá prestarse un servicio de urxencias, no municipio, e no caso de que non existisen servizos de urxencias no/nos centro/os concertado/os pola licitadora na Guarda, os beneficiarios poderán acudir o Centro de Saude da Guarda, co que a licitadora mantera un convenio de colaboración. No caso de denegación inxustificada de asistencia por parte da entidade e nos casos de urxencia vital, o/a beneficiario/a comunicaralle á entidade adxudicataria do contrato da asistencia recibida por medios alleos dentro do prazo de 72 horas desde o inicio da asistencia por calquera medio que permita deixar constancia, salvo casos extraordinarios debidamente xustificados.
e) A empresa adxudicataria terá obriga de ter un representante en A Guarda para a atención ós beneficiarios, e o estudo e resolución das incidencias que xurdan no desenvolvemento das prestacións obxecto desta contratación.
Cláusula segunda: execución do contrato.
O contrato executarase a risco e ventura do contratista, con suxeición ao establecido no seu clausulado e nos pregos e de acordo coas instruccións que dea o órgano de contratación ao contratista para a súa interpretación.
O contratista será responsable das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros, das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato.
Claúsula terceira:dereitos e obrigas
O adxudicatario queda obrigado a executar os traballos indicados con estricta suxeición ás estipulacións contidas neste prego e ao estricto cumprimento de cantas disposicións de carácter laboral e fiscal sexan de aplicación ao contrato, sendo da súa conta e risco todo o referente a accidentes de traballo e enfermidades profesionais, normas de seguridade e hixiene e de protección á industria.
Vén igualmente obrigado a gardar sixilo respecto aos datos e antecedentes que, non sendo públicos ou notorios, estean relacionados co obxecto do contrato e foran do seu coñecemento con ocasión do mesmo.
O persoal adscrito aos traballos dependerá exclusivamente do contratista, quen terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empresario respecto do mesmo.
En xeral, o contratista responderá de cantas obrigas lle veñen impostas no seu carácter de empregador, así como do cumprimento de cantas normas regulan e desenvolven a relación laboral ou doutro tipo, existente entre el e os seus traballadores, sen que poida repercutir contra a Administración ningunha multa, sanción ou calquera tipo de responsabilidade que, por incumprimento dalgunha delas, puideran imporlle os organismos competentes.
O contratista deberá ter subscritos os seguros obrigatorios, así como un seguro que cubra as responsabilidades que se deriven da execución do contrato.
En calquera caso, o contratista indemnizará á Administración de toda cantidade que se vise obrigada a pagar por incumprimento das obrigas establecidas neste prego, ainda que lle veña imposto por resolución xudicial ou administrativa.
Corresponderá e será a cargo do contratista:
– A obtención das autorizacións e licenzas, documentos ou calquera información tanto oficial coma particular, que se requira para a realización do servizo contratado.
– Os gastos de comprobación de materiais, vixilancia do proceso de execución e posterior asistencia durante o prazo de garantía.
– As probas, ensaios ou informes precisos para a correcta execución do servizo contratado.
– A indemnización dos danos que se causen tanto á Administración como a terceiros, como consecuencia das operacións que requira a execución do servizo, agás cando eses danos teñan sido ocasionados como consecuencia dunha orde inmediata e directa da Administración.
Son tamén dereitos e obrigas da Administración contratante as previstas na normativa vixente, Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, Regulamento Xeral de Contratación, Regulamento de Servizos das Corporacións, e especialmente, a interpretación do contrato e a resolución das dúbidas que xurdan en relación co cumprimento do presente prego e correspondente contrato.
Cláusula cuarta: beneficiarios.
O número de beneficiarios da prestación do servicio se contempla no anexo I do presente prego.
A Guarda, decembro de 2016
O Alcalde
Asdo. Antonio Lomba Baz
ANEXO I. BENEFICIARIOS
NÚMERO TOTAL: 29 BENEFICIARIOS
PARENTESCO |
FECHA DE NACIMIENTO |
TITULAR |
15/08/1953 |
HIJO (A) |
30/01/1994 |
TITULAR |
31/03/1958 |
CÓNYUGE |
01/04/1958 |
HIJO (A) |
14/03/1990 |
TITULAR |
08/02/1954 |
TITULAR |
05/03/1954 |
TITULAR |
19/10/1959 |
TITULAR |
24/10/1959 |
HIJO (A) |
14/04/2003 |
HIJO (A) |
08/10/2004 |
TITULAR |
04/11/1956 |
CÓNYUGE |
15/11/1960 |
HIJO (A) |
01/12/2011 |
TITULAR |
24/07/1958 |
HIJO (A) |
22/06/1984 |
TITULAR |
29/08/1967 |
TITULAR |
01/09/1957 |
TITULAR |
01/02/1964 |
HIJO (A) |
20/06/2001 |
TITULAR |
01/03/1963 |
CÓNYUGE |
01/11/1965 |
HIJO (A) |
01/08/1993 |
TITULAR |
08/12/1967 |
HIJO (A) |
22/12/1997 |
HIJO (A) |
27/12/1999 |
TITULAR |
13/05/1958 |
CÓNYUGE |
21/07/1964 |
HIJO (A) |
24/04/1992 |