PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTONOMO 2015
A finalidade deste programa é axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial como traballadores autónomos.
Poderán acollerse a este programa as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e se establezan como persoas traballadoras autónomas sempre que:
-Se darán de alta no réxime de autónomos entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015.
-Non estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
-Non percibisen subvencións de emprego autónomo nos 4 anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
-Non desenvolvesen a mesma actividade nomo autónomos na mesma localidade nos 6 meses anteriores á data de inicio da nova actividade.
-Deberán xustificar un gasto mínimo de 3000€ (sen IVE) en inmobilizado material.
As persoas autónomas tamén poden solicitar esta axuda cando formen parte de Comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación.
As contías de subvención oscilarán entre 5000 e 10000€ dependendo das características da persoa desempregada.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de setembro de 2015.
Orde da convocatoria do 12 de agosto de 2015. DOG nº 157 do 19 de agosto de 2015.
INFORMACIÓN E SOLICITUDES NA AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO