Resolución das alegacións á anulación no 1º exame da bolsa de auxiliar administrativo
PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DE ADMINISTRACIÓN XERAL
Celebrada sesión o día 23 de xaneiro de 2018 do Tribunal para o proceso selectivo arriba sinalada, procedeuse á resolución das alegacións presentadas no Rexistro Xeral sobre as anulación de preguntas do primeiro exercicio.
As alegación presentadas foron as seguintes:
RE-104, sobre non estar de acordo coa anulación da pregunta número 14.
RC-107, solicitando a anulación da pregunta R42.
Vistas as alegacións presentadas, o tribunal cualificador acorda por unanimidade:
– Respecto da pregunta número 14.
Valoración: independentemente de que fose a resposta máis correcta en función do contexto, o certo era que ningunha das respostas era correcta, e sendo impugnada, o Tribunal entendeu que procedía a súa anulación, decisión que ratifica.
– Respecto da pregunta número R42.
Valoración: pode desestimarse a reclamación, sen necesidade de entrar no fondo, posto que a aspirante tivo a oportunidade de impugnala dentro do prazo de tres días dado inicialmente contra as respostas da plantilla correctora.
Sen prexuízo do anterior, e entrando no fondo do asunto, indicar que a competencia que ten o Estado en materia do PAC trátase dunha competencia plena ou exclusiva do Estado, a diferenza do Réxime Xurídico das Administracións Públicas, na que o art.149.1.18 só se refire ás bases. Polo que debe desestimarse a alegación.
Recordar que a data realización do segundo exercicio será o día 25 de xaneiro de 2018, ás 17:00 horas, no I.E.S. A Sangriña (Paseo de Portugal 21) e que os aspirantes deberán vir provisto de bolígrafo e poden traer calculadora, por si fose necesaria.
A Guarda, 23 de xaneiro de 2018