- Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
- Teléfono: 986 610 000
- Email: medioambiente@aguarda.es
- Fax: 986 610 283
Unha parte do territorio do Concello da Guarda está integrado no espazo natural Rede Natura 2000 promovido pola Unión Europea coa finalidade de conservar o hábitat natural e garantir a biodiversidade existente.
Inclúese na Rede un área do esteiro do Miño como Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA), lugar de especial relevancia para a conservación das aves que obriga a manter as condicións idóneas para o seu descanso, reprodución e alimentación.
En xaneiro do ano 2008 o pleno do Concello adheríase á carta de Aalborg e adquiría o compromiso de elaborar a Axenda 21 local, documento no que se han de recoller problemas ambientais e accións encamiñadas a conseguir un Concello sostible e respetuoso cos recursos naturais.
Transmitir as preocupacións por cuestións medioambientais á sociedade, promover actuacións encamiñadas a protexer os espazos naturais, valorizar as posibilidades do esteiro para a observación de aves migratorias, colaborar con asociacións locais na defensa da biodiversidade, significar os valores paisaxísticos dos montes Trega e Torroso e colaborar con Axendas 21 escolares son algunhas das razóns de ser desta concellería.