(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Entrar

Login with your site account

Lost your password?

  • Galego
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos
      • Carro

        0
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos

    Educación

    • Inicio
    • Educación
    • «Tecnoimaxín» traerá á Guarda interesantes charlas e conferencias sobre emprego e formación

    «Tecnoimaxín» traerá á Guarda interesantes charlas e conferencias sobre emprego e formación

    • Publicado por prensa
    • Categorías Educación, Novas tecnoloxías, Xeráis
    • Date 19 Outubro, 2018
    • Comentarios 0 comentarios
    A Guarda acolle os vindeiros 25, 26 e 27 de outubro unhas xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía baixo o proxecto «Tecnoimaxín».

    A Casa dos Alonsos da Guarda acolle do 25 ao 27 de outubro as xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía «Tecnoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

    O programa da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 25 ás 10:00h, cun acto inaugural na Casa dos Alonsos no que se contará coa asistencia do Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes e demais convidados.

    Na tarde do xoves día 25 contarase cunha interesante charla sobre os proxectos que actualmente se realizan dende o Consorcio da Zona Franca de Vigo, contando con Débora Ramonde, Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo, que a partires das 18:30h falará sobre os programas de apoio ao emprendemento «ViaGalicia» e tamén dos programas de apoio á internacionalización das Pymes «ViaExterior». Proxectos que contan cunha gran acollida e que teñen xa axudado a moitos emprendedores na creación de empresas e no seu salto ao mercado internacional.

    A continuación, dende ás 19:00h, Jaume Gurt, Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain, pechará esta primeira xornada cunha ponencia sobre «A felicidade nas novas organizacións». Jaume Gurt falará sobre como sobrevivir nos retos da era dixital, transformando a súa cultura, o seu estilo de liderazgo, a súa forma de organizarse, os seus procesos e ás propias persoas. Empoderandoas para poder ser as súas mellores versións individuais, dentro de equipos unidos e compenetrados que logran resultados excelentes.

    A Guarda acolle do 25 ao 27 de outubro as xornadas de formación, empregabilidade e tecnoloxía «Tecnoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais.

    Na tarde do venres día 26 ás 16:00h a Escola Superor Gallaecia será a encargada da realización dunha charla sobre «Tecnologia vs Arte – Vídeo360º», a cargo de Emília Simão e Samuel Barbosa – Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia e Ensino Universitário. A Escola Superior Gallaecia é recoñecida pola esixencia, calidade e rigor na formación dos seus diplomados e pola investigación, neste caso misturando a tecnoloxía e a arte, cun proxecto que engloba a gravación de imaxes en 360º, unha técnica de vídeo novidosa para amosar a arte dun xeito diferenciador.

    Para rematar esta segunda xornada da Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín», ás 17:30h, Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia, falarán sobre «Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico». Veñen de rematar recentemente a primeira parte do Proxecto «A Guarda, Mar de Sal», onde grazas aos seus traballos descubríuse que as Salinas do Seixal forman parte do maior complexo de explotación do sal mariño ata agora documentado de todo o Imperio Romano. O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

    O sábado pola mañá o grupo Randstad, empresa líder en traballo temporal e recursos humanos, realizará unha recollida de CV´s para as súas bases de datos para posibles vacantes nos diferentes postos que ofertan na actualidade.

    A Feira do Emprego e Formación «Tecnoimaxín» chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño.

    O proxecto conta cunha páxina web (www.imaxinaguarda.com) na que se irá ampliando informacións de interese sobre este Feira do Emprego e Formación, que aspira a converterse nunha cita obrigada para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.

    PROGRAMA TECNOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

    XOVES 25 OUTUBRO

    MAÑÁ
    Acto inaugural – 10:00 horas
    David Regades Delegado da Zona Franca de Vigo

    OBRADOIRO 10:15 – 13:00 horas
    Competencias emocionais para afrontar un futuro laboral dixitalizado
    Gema Sánchez- Cabezudo
    Coach, formadora e Psicopedagoga

    TARDE

    18:30 – Proxectos da Zona Franca de Vigo
    Débora Ramonde – Directora de Zona Franca e Explotación Inmobiliaria de Vigo

    19:00 a 20:30 A felicidade nas novas organizacións
    Jaume Gurt , Director de Organización e Desenvolvemento de persoas Schibsted Spain (formada polas marcas InfoJobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios
    Autor Blog Un Ceo sin corbata

    VENRES 26 OUTUBRO

    FEIRA MAKER ( feira de tecnoloxía, robótica, …)
    Conferencia/exhibición 10:00/12:00 Robótica de competición e formación por OPRobots
    Manuel Rodríguez (técnico de hardware de OPRobots) e Alejandro Santos (técnico de Software de OPRobots) Contarán con robots durante todo o día no seu stand

    12:30 / 13:30
    Óscar Rodríguez Coordinador xeral de Ledisson Ait, programación robótica,
    A DISRUPCIÓN LABORAL: UNHA VERDADE INCÓMODA
    Novos perfiles, actitudes, aptitudes nos novos entornos laborais

    TARDE

    16:00-17:30 ESCOLA SUPERIOR GALLAECIA
    Emília Simão & Samuel Barbosa – Professores de Multimédia e Artes da Escola Superior Gallaecia | Ensino Universitário
    Tecnologia vs Arte – Vídeo360º

    17:30-18:00 Transferencia e innovación: as paisaxes do sal como recurso económico
    Brais X. Currás Doutor en Arqueoloxía e Mar Cortegoso Licenciada en Historia

    SÁBADO 27 DE OUTUBRO

    DURANTE TODA A MAÑÁ 10:00 / 14 horas
    Feira de empresas
    11:00/12:00 Nova perspectiva nos Recursos humanos, unha mirada sensible na era tecnolóxica
    María Caeiro, Conselleira Delegada Grupo Caeiro
    Vicepresidenta de M.Caeiro S.A.

    Presentacións das empresas: empresas da comarca cun rasgo innovador
    Conduce Susana Rodríguez
    Coach e psicóloga social

    Tag:A Guarda, charlas, Emprego, Formación, tecnoimaxín

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda acolleu unha homenaxe aos asasinados no Campo de Concentración de Camposancos durante a guerra civil
    19 Outubro, 2018

    Seguinte nova

    Rematan os traballos de escavación das Salinas romanas da Guarda
    20 Outubro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • Neste evento recoñecéronse os diferentes logros e méritos deportivos acadados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas da Guarda, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.
      A Guarda recoñece os méritos dos seus deportistas na XII Gala do Deporte
      16 Febreiro, 2019
    • A Guarda da a benvida ao Entroido 2019 cunha ampla programación de actividades para todas as idades nas que se inclúen o tradicional desfile infantil do venres e o desfile-concurso do martes de entroido, oferta gastronómica especial en establecementos de hostalaría da vila, así coma actuacións musicais, que nesta edición correrán a cargo de «Monk Blues Band», «DJ Guille», «Orquestra D´Moda» e «CÉ Orquestra Pantasma»
      Desfiles, gastronomía e moita animación musical no Entroido Guardés 2019
      15 Febreiro, 2019
    • A Deputación de Pontevedra ven de lanzar a actividade DepoApicultura, co obxectivo de capacitar as persoas interesadas na posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías.
      DepoApicultura: A apicultura sostible como fonte de emprego rural
      13 Febreiro, 2019

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación A Guarda para IOS
    Aplicación A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións e grupos
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Política de privacidade
    • mapa web