A Guarda organiza unha conferencia para conmemorar o día de Rosalía
Con motivo da celebración do Día de Rosalía o vindeiro 23 de febreiro, o Concello da Guarda organiza para a vindeira semana unha ponencia de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Grazas ao escritor e filólogo, coñeceremos en máis profundidade a hisotria, vida, obra e influencia da nosa escritora mais célebre nesta conferencia Rosalía de Castro: escritora galega e universal.
A conferencia celebrarase o xoves 26 de febreiro na Casa do Concello da Guarda, ás 19:00h.



