{"id":11534,"date":"2017-12-15T14:00:34","date_gmt":"2017-12-15T14:00:34","guid":{"rendered":"https:\/\/www.aguarda.es\/?p=11534"},"modified":"2017-12-15T16:13:31","modified_gmt":"2017-12-15T16:13:31","slug":"bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/","title":{"rendered":"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\"><a href=\"https:\/\/www.aguarda.es\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/BASES-DA-CONVOCOTORIA-DO-PROCESO-SELECTIVO-PARA-A-CONSTITUCIO%CC%81N-DUNHA-LISTA-DE-RESERVA-DE-OPERARIOS-DE-SERVIZOS-VARIOS.pdf\"><b>BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACI\u00d3N DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISI\u00d3N INTERINA OU PARA A CONTRATACI\u00d3N LABORAL TEMPORAL DE PRAZAS DE OPERARIOS DE SERVIZOS VARIOS, ASIMILADOS A UN GRUPO E \u2013 AGRUPACI\u00d3NS PROFESIONAIS.<\/b><\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 1.- Obxecto da convocatoria.\u00a0<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\u00c9 obxecto da presente convocatoria a selecci\u00f3n de persoal para a formaci\u00f3n dunha lista de reserva que permita a provisi\u00f3n interina das prazas de operarios de servizos varios, asimiladas a un grupo E &#8211; Agrupaci\u00f3ns Profesionais no TREBEP, nos supostos previstos no artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5\/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto B\u00e1sico do Empregado P\u00fablico, as\u00ed como tam\u00e9n par a cobertura mediante contrataci\u00f3ns laborais temporais en calquera das s\u00faas modalidades previstas no Real Decreto 2720\/1998, de 18 de decembro.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Os supostos previstos para o caso de nomeamentos interinos, ser\u00e1n os seguintes:<\/p>\n<ul style=\"text-align: justify\">\n<li style=\"list-style-type: none\">\n<ul>\n<li>\u2022 Cubrir interinamente prazas vacantes no cadro de persoal en tanto non se desenvolve o correspondente proceso selectivo<\/li>\n<li>\u2022 Substituci\u00f3n transitoria das persoas titulares dos postos, nos casos de reduci\u00f3n de xornada, xubilaci\u00f3n parcial ou permisos a tempo parcial, incapacidade temporal, excedencia voluntaria para coidado de fillos\/as ou servizos especiais<\/li>\n<li>\u2022 Execuci\u00f3n de programas de car\u00e1cter temporal e de duraci\u00f3n determinada que non respondan a necesidades permanentes da Administraci\u00f3n P\u00fablica<\/li>\n<li>\u2022 Exceso ou acumulaci\u00f3n de tarefas, de car\u00e1cter excepcional e circunstancial, polo prazo fixado na lexislaci\u00f3n vixente<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify\">Este persoal cesar\u00e1 cando a praza sexa cuberta en propiedade, cando desaparezan as circunstancias que motivaron o seu nomeamento ou \u00e1 finalizaci\u00f3n do proceso selectivo que se convoque para prover prazas de forma definitiva correspondentes \u00e1 categor\u00eda das prazas obxecto destas listas.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">No caso de contrataci\u00f3ns laborais temporais, os supostos ser\u00e1n os seguintes:<\/p>\n<ul style=\"text-align: left\">\n<li style=\"list-style-type: none\">\n<ul>\n<li>\u2022 Cubrir interinamente postos de traballo vacantes en tanto non se desenvolve o correspondente proceso selectivo<\/li>\n<li>\u2022 Necesidades do servizo, por incremento temporal e excepcional da carga de traballo, co fin de garantir o seu adecuado funcionamento<\/li>\n<li>\u2022 Incapacidade temporal para cubrir baixas por enfermidade<\/li>\n<li>\u2022 Permiso por maternidade ou paternidade<\/li>\n<li>\u2022 Uso do per\u00edodo de vacaci\u00f3ns ou permiso por asuntos propios<\/li>\n<li>\u2022 Licenza por asuntos propios<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify\">Nestes casos, o persoal contratado en r\u00e9xime laboral cesar\u00e1 ao finalizar o seu contrato.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A lista que se confeccione estar\u00e1 en vigor ata que se realice un novo proceso selectivo, coa finalidade de prover en propiedade os postos correspondentes \u00e1s categor\u00edas das que se trate e, en todo caso, por un prazo m\u00e1ximo de 3 anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En todo caso, estes nomeamentos ou contrataci\u00f3ns estar\u00e1n supeditadas \u00e1s limitaci\u00f3ns establecidas na Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano e \u00e1 existencia de consignaci\u00f3n econ\u00f3mica no Orzamento municipal.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 2.- Retribuci\u00f3ns.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As retribuci\u00f3ns b\u00e1sicas ser\u00e1n as correspondentes aos funcionarios ou laborais asimilados ao grupo E \u2013 Agrupaci\u00f3ns Profesionais no TREBEP, e as complementarias as que te\u00f1a asignadas o posto de traballo para o que se lle adscriba na Relaci\u00f3n de Postos de Traballo (RPT) ou o documento organizativo similar do que se dispo\u00f1a (Cadro de Persoal ou equivalente).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><b>Artigo 3.- Requisitos xerais que deben acreditar os aspirantes a ser inclu\u00eddos na lista de reserva.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os aspirantes a ser inclu\u00eddos na respectiva lista de reserva, deber\u00e1n reunir, na data do remate do prazo para a presentaci\u00f3n de solicitudes e manter ata o momento do correspondente nomeamento, os seguintes requisitos:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">a)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Posu\u00edr a nacionalidade espa\u00f1ola ou atoparse comprendido no eido de aplicaci\u00f3n do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5\/2015, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto b\u00e1sico do empregado p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">b)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade m\u00e1xima de xubilaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">c)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Posu\u00edr o certificado de escolaridade ou equivalente.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">d)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Posu\u00edr a capacidade funcional para o desempe\u00f1o das tarefas asinadas ao posto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">e)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administraci\u00f3ns p\u00fablicas ou dos \u00f3rganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Aut\u00f3nomas, nin atoparse en inhabilitaci\u00f3n absoluta ou especial para empregos ou cargos p\u00fablicos por resoluci\u00f3n xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funci\u00f3ns similares as que desempe\u00f1aban no caso do persoal laboral, no que se houbese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situaci\u00f3n equivalente nin haberse sometido a sanci\u00f3n disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">f)\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas na lexislaci\u00f3n vixente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Todos estes requisitos deber\u00e1n cumprirse o \u00faltimo d\u00eda do prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes. Ser\u00e1 nulo o nomeamento como funcionario interino dos que estean incursos en causas de incapacidade espec\u00edfica conforme a normativa vixente.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 4.- Proceso de selecci\u00f3n.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: left\">O sistema de selecci\u00f3n \u00e9 o de concurso-oposici\u00f3n<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>4.1.- Fase de oposici\u00f3n (m\u00e1ximo 16 puntos)<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A) <b>Primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio<\/b>, consistir\u00e1 en contestar por escrito, no tempo que estableza o \u00f3rgano de selecci\u00f3n, a un cuestionario tipo test de 20 preguntas como m\u00ednimo, con catro respostas alternativas por pregunta, relacionadas coas materias que integran o temario que figura anexo a estas bases, que ser\u00e1 determinado polo dito \u00f3rgano inmediatamente antes do inicio do exercicio. O Tribunal poder\u00e1 establecer preguntas en reserva para o caso de que se anule algunha pregunta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Neste exercicio penalizaranse as preguntas mal contestadas, de forma que por cada 3 preguntas incorrectas se descontar\u00e1 unha correcta ou a s\u00faa parte proporcional; non se puntuar\u00e1n as non contestadas. Cualificarase cunha puntuaci\u00f3n de cero (0) a cinco (5) puntos; \u00e9 necesario para superalo obter un m\u00ednimo de dous puntos e medio (2,5).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">B) <b>Segundo exercicio, obrigatorio e eliminatorio<\/b>, que consistir\u00e1 na resoluci\u00f3n dun ou varios supostos pr\u00e1cticos ou en realizar as tarefas que propor\u00e1 o Tribunal, en relaci\u00f3n coas materias do temario espec\u00edfico, e que deber\u00e1n tender a acreditar os co\u00f1ecementos do aspirante en relaci\u00f3n coas funci\u00f3ns e habilidades propias do posto obxecto da convocatoria. En funci\u00f3n da natureza da proba o Tribunal determinar\u00e1 antes do seu inicio o tempo m\u00e1ximo para a s\u00faa realizaci\u00f3n. No anuncio de convocatoria deste exercicio, o Tribunal poder\u00e1 determinar os medios materiais dos que deber\u00e1n ou poder\u00e1n ir provistos os aspirantes para a s\u00faa realizaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Este exercicio puntuarase de cero (0) a dez (10) puntos, sendo necesario para aprobar obter unha puntuaci\u00f3n m\u00ednima de cinco (5) puntos.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Terceiro exercicio, proba de galego, <\/b>ser\u00e1 obrigatoria pero non eliminatoria, putu\u00e1ndose de 0 a 1 puntos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Estar\u00e1n exentos de realizar o exercicio de galego aqueles aspirantes que na solicitude de participaci\u00f3n indiquen que pos\u00faen o CELGA 2 esixido nas bases espec\u00edficas ou equivalente e asi o acrediten no prazo que se indique polo tribunal, previamente \u00e1 realizaci\u00f3n da proba de galego, a quen se lles outorgar\u00e1 directamente 1 punto como puntuaci\u00f3n desta proba.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>4.2.- Fase de concurso\u00a0<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Rematada a fase de oposici\u00f3n, realizarase a fase de concurso. O tribunal reunirase para valorar os m\u00e9ritos achegados unicamente por aqueles aspirantes que superaran a fase de oposici\u00f3n. Reunido o tribunal, procederase \u00e1 valoraci\u00f3n dos m\u00e9ritos de acordo co seguinte baremo:<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>-Por posu\u00edr o permiso de conducir B obterase 1 punto.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Esta fase en ning\u00fan caso ter\u00e1 car\u00e1cter eliminatorio.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Os aspirantes deber\u00e1n presentar copia autenticada da documentaci\u00f3n acreditativa dos m\u00e9ritos alegados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Todos os m\u00e9ritos alegados deber\u00e1n de posu\u00edrse no momento de terminaci\u00f3n do prazo de presentaci\u00f3n de instancias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A lista que conte\u00f1a a valoraci\u00f3n dos m\u00e9ritos farase p\u00fablica no Taboleiro de anuncios do Concello da Guarda.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 5.- Solicitudes.\u00a0<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deber\u00e1n facelo mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde do Concello da Guarda. A instancia deber\u00e1 de conter, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo, a denominaci\u00f3n da praza, achegando:<\/p>\n<ul>\n<li style=\"text-align: justify\">\u00a0Copia do DNI<\/li>\n<li style=\"text-align: justify\">\u00a0Copia acreditativa do certificado de escolaridade ou equivalente<\/li>\n<li style=\"text-align: justify\">No seu caso, copia do documento acreditativo da exenci\u00f3n de realizaci\u00f3n da proba do idioma Galego (CELGA 2)<\/li>\n<li style=\"text-align: justify\">No seu caso, documento de permiso de conduci\u00f3n indicado no apartado anterior avaliable como m\u00e9rito.<\/li>\n<li style=\"list-style-type: none\"><\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify\">Aqueles aspirantes que estean aqueixados por unha minusval\u00eda poder\u00e1n inclu\u00edr solicitude de adaptaci\u00f3n dos lugares de celebraci\u00f3n dos exames. Para este caso deber\u00e1n de aportar certificaci\u00f3n oficial da minusval\u00eda que lles afecta, expedida polo \u00f3rgano competente da Administraci\u00f3n Estatal ou Auton\u00f3mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O prazo para a presentaci\u00f3n de solicitudes ser\u00e1 de 8 d\u00edas h\u00e1biles, contados a partir do seguinte \u00e1 publicaci\u00f3n de anuncio da convocatoria no Bolet\u00edn Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios en relaci\u00f3n a este proceso selectivo publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda e na s\u00faa sede electr\u00f3nica <a href=\"http:\/\/aguarda.sedelectronica.gal\/\">http:\/\/aguarda.sedelectronica.gal\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A presentaci\u00f3n das solicitudes poder\u00e1 facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, (sede electr\u00f3nica ou presencial) ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39\/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas. Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deber\u00e1n comunicalo por email (aguarda@aguarda.es), fax (986610283) ou outro medio no mesmo d\u00eda da s\u00faa presentaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 6.- Admisi\u00f3n de participantes.\u00a0<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Rematado o prazo de presentaci\u00f3n de instancias, o \u00f3rgano competente na materia ditar\u00e1 resoluci\u00f3n aprobando a lista provisional de admitidos e exclu\u00eddos, expresando as causas de exclusi\u00f3ns. Esta resoluci\u00f3n publicarase no taboleiro de anuncios da Casa do Concello da Guarda e na s\u00faa sede electr\u00f3nica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A resoluci\u00f3n establecer\u00e1, a efectos de emenda de defectos ou omisi\u00f3ns, e mesmo de reclamaci\u00f3ns, un prazo de 3 d\u00edas h\u00e1biles contados a partir do seguinte ao da publicaci\u00f3n sinalada. Os erros de feito poder\u00e1n emendarse en calquera momento de oficio ou a pedimento do interesado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Posteriormente, mediante Resoluci\u00f3n do \u00f3rgano competente na materia aprobarase a lista definitiva de admitidos e exclu\u00eddos, procederase \u00e1 designaci\u00f3n dos membros do tribunal cualificador e convocarase aos aspirantes admitidos mediante a publicaci\u00f3n do devandito decreto no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e de forma complementaria na s\u00faa sede electr\u00f3nica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><b>Artigo 7.- Composici\u00f3n do tribunal.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O Tribunal Cualificador estar\u00e1 formado por un presidente, un secretario e tres vogais. En ning\u00fan caso os membros do tribunal cualificador poder\u00e1n ser funcionarios interinos, persoal eventual ou persoal de elecci\u00f3n ou designaci\u00f3n pol\u00edtica. Cada membro do tribunal ter\u00e1 o seu suplente. Os titulares e suplentes ser\u00e1n nomeados polo Alcalde-Presidente cando se dite a resoluci\u00f3n pola que se aproba a lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo. A s\u00faa composici\u00f3n axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros e tenderase \u00e1 paridade entre muller e home.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O Tribunal poder\u00e1 dispo\u00f1er a incorporaci\u00f3n aos seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que estimen pertinentes, limit\u00e1ndose os ditos asesores a prestar a s\u00faa colaboraci\u00f3n nas s\u00faas especialidades t\u00e9cnicas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A actuaci\u00f3n do Tribunal rexerase polo disposto nas presentes bases e na Lei 39\/2015 do procedemento administrativo com\u00fan das Administraci\u00f3ns P\u00fablicas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os membros do tribunal que act\u00faen nestas probas selectivas ter\u00e1n dereito a percibir as indemnizaci\u00f3ns correspondentes, conforme \u00f3 establecido no Real decreto 462\/2002, do 24 de maio, e lexislaci\u00f3n complementaria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As\u00ed mesmo, os interesados poder\u00e1n recusar aos membros do Tribunal cualificador no prazo de 3 d\u00edas h\u00e1biles dende a publicaci\u00f3n da s\u00faa composici\u00f3n, cando, ao seu xu\u00edzo, concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40\/2015, do 1 de outubro, de r\u00e9xime xur\u00eddico do sector p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><b>Artigo 8.- Calendario das probas e desenvolvemento dos exercicios de oposici\u00f3n.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A data, lugar e hora de celebraci\u00f3n da primeira proba que conforma a fase de oposici\u00f3n ser\u00e1n publicadas, na resoluci\u00f3n pola que se aprobe a lista definitiva de admitidos no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda e na s\u00faa sede electr\u00f3nica .<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os aspirantes ser\u00e1n convocados para cada exercicio en \u00fanico chamamento, sendo exclu\u00eddos das probas os que non comparezan. Deber\u00e1n acreditar suficientemente a s\u00faa identidade mediante a exhibici\u00f3n do DNI, permiso de conducir, pasaporte o documento equivalente en caso de estranxeiros; exhibici\u00f3n que poder\u00e1 serlle requirida por calquera membro do tribunal no curso do desenvolvemento dos exercicios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Conclu\u00eddo cada un dos exercicios da oposici\u00f3n correspondente, o tribunal far\u00e1 p\u00fablica, no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda e na s\u00faa sede electr\u00f3nica, a relaci\u00f3n de aspirantes que o superaron con indicaci\u00f3n da puntuaci\u00f3n obtida. Os aspirantes non inclu\u00eddos na lista ter\u00e1n a consideraci\u00f3n de non aptos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os aspirantes dispor\u00e1n dun prazo de TRES (3) d\u00edas h\u00e1biles, a contar dende o seguinte ao da publicaci\u00f3n do anuncio para formular alegaci\u00f3ns ou reclamaci\u00f3ns \u00e1s mesmas.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 9.- Cualificaci\u00f3n definitiva e relaci\u00f3n de aprobados.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A cualificaci\u00f3n dos aspirantes vir\u00e1 determinada pola suma dos puntos obtidos na fase de concurso e de oposici\u00f3n, fixados no artigo 4.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Unha vez rematadas as probas, o tribunal publicar\u00e1 anuncio co resultado definitivo das puntuaci\u00f3ns dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, ordenados de maior a menor puntuaci\u00f3n, e formular\u00e1 proposta de nomeamento a favor daquel aspirante que te\u00f1a a puntuaci\u00f3n m\u00e1is alta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En caso de empate na cualificaci\u00f3n final entre dous ou m\u00e1is aspirantes, resolverase acudindo a puntuaci\u00f3n obtida no primeiro exercicio da fase de oposici\u00f3n; de persistir o empate terase en conta a nota do segundo exercicio. En caso de persistir o empate, celebrarase un sorteo p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os aspirantes dispor\u00e1n dun prazo de TRES (3) d\u00edas h\u00e1biles, a contar ende o d\u00eda seguinte \u00e1 s\u00faa publicaci\u00f3n na sede electr\u00f3nica municipal, para presentar reclamaci\u00f3ns \u00e1 proposta de formaci\u00f3n de bolsa que formule o Tribunal.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 10.- Publicaci\u00f3n dos listados e vixencia.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A lista de reserva, confeccionada por orde de maior a menor puntuaci\u00f3n, ser\u00e1 sometida \u00e1 aprobaci\u00f3n da Alcald\u00eda-Presidencia ou Conceller\u00eda delegada na materia. A resoluci\u00f3n e as listas de reserva ser\u00e1n expostas no taboleiro de anuncios do Concello da Guarda e na s\u00faa sede electr\u00f3nica para co\u00f1ecemento dos interesados e demais efectos legais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Esta lista ter\u00e1 unha duraci\u00f3n de 3 anos ou de menos no caso de que houbese un novo proceso selectivo para a cobertura destas prazas, momento a partir do que esta lista deixar\u00eda de ter vixencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 11.- Funcionamento da lista de reserva.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Cando sexa necesario proceder aos correspondentes chamamentos ofertarase ao primeiro da lista que estea pendente de chamar, polos medios de contacto que a persoa candidata consigne na s\u00faa instancia, tel\u00e9fono m\u00f3bil, fixo ou correo electr\u00f3nico, do que se deixar\u00e1 constancia mediante unha dilixencia, d\u00e1ndolle un prazo de 48 horas para que acepte ou renuncie ao ofertado. Se non se recibe contestaci\u00f3n no prazo indicado ou se rexeita a notificaci\u00f3n equivaler\u00e1 \u00e1 renuncia ao ofertado e procederase a chamar ao seguinte da lista.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Cando se produza o cesamento dun integrante da lista, este reincorporarase ao posto da lista que lle corresponda por puntuaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 12.- Renuncias.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Con car\u00e1cter xeral, a non aceptaci\u00f3n ou renuncia a unha cobertura dar\u00e1 lugar as seguintes medidas:<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Primeira renuncia: Seis meses de exclusi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">\u00b7\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Segunda renuncia: Exclusi\u00f3n definitiva da lista.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Non afectar\u00e1n as renuncias \u00f3s supostos seguintes:<\/p>\n<ul style=\"text-align: left\">\n<li style=\"list-style-type: none\">\n<ul>\n<li>\u2022 Supostos de permisos de paternidade e\/ou maternidade;<\/li>\n<li>\u2022 Supostos de incapacidade temporal (IT);<\/li>\n<li>\u2022 Supostos nos cales o\/a aspirante se atope prestando servizos, como persoal funcionario ou laboral, en outra Administraci\u00f3n P\u00fablica;<\/li>\n<li>\u2022 Supostos nos cales o\/a aspirante se atope prestando servizos, como persoal laboral temporal por conta allea e en situaci\u00f3n de alta no r\u00e9xime xeral da Seguridade Social, no sector privado.<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p style=\"text-align: justify\">A tales efectos, no prazo de 5 d\u00edas naturais a contar desde o chamamento, deber\u00e1 aportarse xustificaci\u00f3n documental das situaci\u00f3ns indicadas, mediante acreditaci\u00f3n da maternidade\/paternidade na forma legalmente prevista; mediante parte de declaraci\u00f3n da situaci\u00f3n de IT, ou certificaci\u00f3n acreditativa da condici\u00f3n de persoal funcionario ou laboral expedida pola Administraci\u00f3n P\u00fablica de destino; mediante certificaci\u00f3n expedida por persoa capacitada legalmente para representar \u00e1 empresa, na cal se acredite a existencia de contrato laboral temporal como traballador por conta allea do\/da aspirante, debendo xuntar xustificaci\u00f3n de alta no r\u00e9xime xeral da Seguridade Social, respectivamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Por raz\u00f3ns de axilidade de funcionamento da bolsa, tras unha renuncia por causa xustificada, o aspirante deber\u00e1 comunicar \u00f3 Concello a finalizaci\u00f3n da causa concorrente, non reiter\u00e1ndose entre tanto os chamamentos, por entender que a causa subsiste.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Debido a diversidade de tipolox\u00eda das coberturas posibles segundo o obxecto da convocatoria, e para garantir que os aspirantes con maior puntuaci\u00f3n poidan ter preferencia para elixir as respectivas coberturas, se establece a regra de que cando se proceda a un chamamento para unha cobertura interina ou laboral de duraci\u00f3n estimada superior a un mes, se chamar\u00e1 tam\u00e9n as persoas integrantes da lista que xa se atopen prestando servizos no Concello, para que poidan escoller entre o posto desempe\u00f1ado ou o ofrecido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><b>Artigo 13.- Presentaci\u00f3n da documentaci\u00f3n acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos para acceder a praza.\u00a0<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Cando se tramite o expediente de nomeamento ou contrataci\u00f3n laboral do aspirante, antes do seu nomeamento e toma de posesi\u00f3n e no prazo dos 3 d\u00edas h\u00e1biles seguintes a aquel en que se lle requira, presentar\u00e1 no Rexistro Xeral do Concello da Guarda os documentos que se especifican seguidamente:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Declaraci\u00f3n xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administraci\u00f3ns P\u00fablicas, nin estar inhabilitado para o exercicio de funci\u00f3ns p\u00fablicas por sentencia firme.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Fotocopia da cartilla da S.S.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">N\u00famero de conta bancaria cos 20 d\u00edxitos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Certificado m\u00e9dico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto f\u00edsico que imposibilite o normal exercicio da funci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A omisi\u00f3n ou defecto emendable nalg\u00fan dos documentos anteriores dar\u00e1 lugar \u00e1 concesi\u00f3n dun prazo de 3 d\u00edas h\u00e1biles para a s\u00faa achega ou subsanaci\u00f3n. En ning\u00fan caso este prazo supor\u00e1 ampliaci\u00f3n do procedente para a concorrencia dos requisitos esixidos \u00e1 data da convocatoria.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Salvo casos de imposibilidade suficientemente acreditada, o candidato que non cumpra co establecido no par\u00e1grafo anterior non poder\u00e1 ser nomeado, quedando anuladas todas as actuaci\u00f3ns e sen prexu\u00edzo da responsabilidade na que, no seu caso, puidera ter incorrido por falsidade nos datos declarados na instancia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Quen tivera a condici\u00f3n de funcionario p\u00fablico de carreira ou persoal laboral fixo quedar\u00e1 exento de xustificar documentalmente as condici\u00f3ns e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificaci\u00f3n da Administraci\u00f3n ou Ente P\u00fablico do que dependan, acreditando a s\u00faa condici\u00f3n e cantas circunstancias consten na s\u00faa folla de servizo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O Alcalde-Presidente ou, no seu caso, o\/a concelleiro\/a delegado\/a proceder\u00e1 ao nomeamento do candidato que corresponda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A resoluci\u00f3n de nomeamento como funcionario interino publicarase no taboleiro de anuncio do Concello da Guarda nos 10 d\u00edas seguintes, co seu r\u00e9xime de recursos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Unha vez nomeado, o aspirante deber\u00e1 tomar posesi\u00f3n do seu posto no prazo de 3 d\u00edas a partir da data da notificaci\u00f3n do nomeamento, quedando dende dito momento sometido o r\u00e9xime de incompatibilidades vixente. Por este motivo, na dilixencia de toma de posesi\u00f3n ser\u00e1 necesario facer constar a manifestaci\u00f3n do interesado de non vir desempe\u00f1ando ning\u00fan posto ou actividade no sector p\u00fablico delimitado polo artigo 1\u00ba da Lei 53\/1984, de 26 de decembro, indicando as\u00ed mesmo que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita a reco\u00f1ecemento de compatibilidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A citada manifestaci\u00f3n far\u00e1 referencia tam\u00e9n \u00e1 circunstancia de se os interesados se encontran ou non percibindo pensi\u00f3n de xubilaci\u00f3n, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou por calquera r\u00e9xime da Seguridade Social, p\u00fablica e obrigatorio, aos efectos previstos no artigo 3.2 e disposici\u00f3n transitoria 9\u00aa de dita Lei.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O que sen causa suficientemente xustificada non tomase oportunamente posesi\u00f3n da s\u00faa praza, ser\u00e1 notificado de novo, e transcorrido o novo prazo de 3 d\u00edas sen comparecer, ser\u00e1 declarado cesante, con perda de t\u00f3dolos dereitos derivados do procedemento selectivo e do nomeamento conferido.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os restantes candidatos aprobados, pola orde da puntuaci\u00f3n obtida, poder\u00e1n ser chamados no caso de que o primeiro non achegue a documentaci\u00f3n prevista nas presentes bases, non tome posesi\u00f3n do seu posto no tempo concedido \u00f3 efecto, renuncie \u00e1 praza ou, cando por calquera outra causa, se resolva a relaci\u00f3n funcionarial ou laboral antes da s\u00faa extinci\u00f3n conforme \u00e1 Lei.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">No caso de que o chamamento se produza para unha cobertura temporal de posto de persoal laboral, o contido neste artigo se aplicar\u00e1 en canto sexa posible segundo os tr\u00e1mites propios para ese tipo de relaci\u00f3n, entend\u00e9ndose substitu\u00eddos o nomeamento e a toma de posesi\u00f3n pola sinatura do contrato de traballo.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 14.- Publicaci\u00f3ns no taboleiro.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Aos efectos de notificaci\u00f3ns e publicaci\u00f3ns relacionados co procedemento de selecci\u00f3n regulado nas presentes bases reguladoras, se proceder\u00e1 mediante a publicaci\u00f3n no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello da Guarda e na Sede Electr\u00f3nica, sen prexu\u00edzo da publicaci\u00f3n do anuncio da convocatoria no Bolet\u00edn Oficial da Provincia.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>Artigo 15.- Norma final.<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As bases da convocatoria e cantos actos administrativos deriven das mesmas e das actuaci\u00f3ns do Tribunal poder\u00e1n ser impugnadas nos casos e forma establecidos pola Lei 39\/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo com\u00fan das Administraci\u00f3ns P\u00fablicas, as\u00ed como segundo a lexislaci\u00f3n reguladora da Xurisdici\u00f3n Contencioso-Administrativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O Tribunal Cualificador queda facultado para a resoluci\u00f3n de cantas incidencias e cuesti\u00f3ns se susciten no desenvolvemento do proceso selectivo, podendo as s\u00faas resoluci\u00f3ns ser recorridas en alzada ante o Alcalde do Concello da Guarda, de acordo co precisado no art. 121.1 da Lei 39\/2015.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En todo o non previsto nestas bases estarase o disposto na Lei 7\/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de r\u00e9xime local; no Real decreto lexislativo 5\/2015 polo que se aproba o texto refundido do Estatuto b\u00e1sico do empregado p\u00fablico; no R.D. Lex. 781\/86, de 18 de abril; no RD 896\/91, de 7 de xu\u00f1o, polo que se establecen as regras b\u00e1sicas e programas m\u00ednimos o que debe axustarse o procedemento de selecci\u00f3n dos funcionarios de Administraci\u00f3n local; e no R.D. 364\/95, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral do ingreso do persoal \u00f3 servizo da Administraci\u00f3n do Estado, que ten car\u00e1cter supletorio. As\u00ed mesmo \u00e9 de aplicaci\u00f3n a Lei 2\/2015, do emprego p\u00fablico de Galicia e normativa que a desenvolve.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\"><b>ANEXO I. TEMARIO<\/b><\/p>\n<p style=\"text-align: left\">PARTE XERAL:<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">1.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Referencia aos principios xerais e contido da Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola de 1978<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">2.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Organizaci\u00f3n municipal do Concello da Guarda: Pleno, Alcalde, Xunta de Goberno Local, Tenentes de Alcalde e Concelleiros delegados e Comisi\u00f3ns Informativas e outros \u00f3rganos complementarios.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">PARTE ESPEC\u00cdFICA:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">1.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 O municipio da Guarda: poboaci\u00f3n e termo municipal. Consideraci\u00f3ns b\u00e1sicas dos espazos naturais e \u00e1reas de protecci\u00f3n do Concello da Guarda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">2.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Realizaci\u00f3n de tarefas de mantemento de cami\u00f1os, limpeza de v\u00edas e beirarr\u00faas.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">3.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Metodolox\u00eda limpeza viaria I: o varrido manual e mec\u00e1nico, o baldeo de beirarr\u00faas e calzadas manual e mec\u00e1nico, cami\u00f3n succionador, varrido por chorro de aire<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">4.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Metodolox\u00eda limpeza viaria II: limpezas de mercados ambulantes, limpezas especiais con motivos de feiras, festas e actos p\u00fablicos en xeral, m\u00e1quina de auga quente \u201cdecapadora\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">5.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Co\u00f1ecementos b\u00e1sicos en xardiner\u00eda. Ferramentas e maquinaria. Mantemento de elementos vexetais. Poda de \u00e1rbores. Clases de poda e recorte de arbustos e subarbustos.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">6.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Operaci\u00f3ns b\u00e1sicas en traballos de albaneler\u00eda, electricidade, fontaner\u00eda, carpinter\u00eda e pintura. Caracter\u00edsticas e aplicaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">7.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Fontanar\u00eda. Ferramentas e materiais m\u00e1is usuais. Normas b\u00e1sicas de instalaci\u00f3ns de auga. Terminolox\u00eda. Tuber\u00edas: tipos e caracter\u00edsticas e usos m\u00e1is apropiados.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">8.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Albaneler\u00eda. Ferramentas e materiais m\u00e1is usuais.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">9.\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0 Noci\u00f3ns xerais sobre a retirada de residuos. A recollida selectiva de lixo. Reciclaxe na recollida de lixo. Distintos tipos de colectores segundo o material a depositar.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">10.\u00a0\u00a0\u00a0 Co\u00f1ecementos en materia de protecci\u00f3n civil. Traballos de colocaci\u00f3n de sinais, barreiras de seguridade e pintado de marcas viarias.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">11.\u00a0\u00a0\u00a0 Ferramentas e maquinaria de uso frecuente dos servizos municipais. Materiais a utilizar.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">12.\u00a0\u00a0\u00a0 Co\u00f1ecementos b\u00e1sicos sobre lexislaci\u00f3n de estradas. Zonas contiguas \u00e1s estradas. Sinalizaci\u00f3n en obras de reparaci\u00f3n nas estradas.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">13.\u00a0\u00a0\u00a0 Equipos necesarios de seguridade e sa\u00fade para traballos en obras de reparaci\u00f3n e eliminaci\u00f3n de fochas. Movementos de terras: desmontes e terrapl\u00e9ns. Problemas de sustentabilidade de noiros e medidas de estabilizaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">14.\u00a0\u00a0\u00a0 Muros de sostemento e contenci\u00f3n. Tipolox\u00eda. Materiais empregados.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">15.\u00a0\u00a0\u00a0 A prevenci\u00f3n de riscos laborais. Disposici\u00f3ns m\u00ednimas de seguridade e sa\u00fade nos lugares de traballo. Normas b\u00e1sicas de seguridade e sa\u00fade laboral. Equipos de protecci\u00f3n colectiva e equipos de protecci\u00f3n individual. Manipulaci\u00f3n manual de cargas.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.aguarda.es\/wp-content\/uploads\/2017\/12\/ANEXO-II-MODELO-DE-INSTANCIA-OFICIAIS.pdf\" target=\"\"><strong>ANEXO II<\/strong> <strong>MODELO DE INSTANCIA<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACI\u00d3N DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISI\u00d3N INTERINA OU PARA A CONTRATACI\u00d3N LABORAL TEMPORAL DE PRAZAS DE OPERARIOS DE SERVIZOS VARIOS, ASIMILADOS A UN GRUPO E \u2013 AGRUPACI\u00d3NS PROFESIONAIS. Artigo 1.- Obxecto &hellip; <\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":8850,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[33],"tags":[362,591,773,774],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v21.1 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios - Concello da Guarda<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"en_US\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios - Concello da Guarda\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACI\u00d3N DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISI\u00d3N INTERINA OU PARA A CONTRATACI\u00d3N LABORAL TEMPORAL DE PRAZAS DE OPERARIOS DE SERVIZOS VARIOS, ASIMILADOS A UN GRUPO E \u2013 AGRUPACI\u00d3NS PROFESIONAIS. Artigo 1.- Obxecto &hellip;\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Concello da Guarda\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/ConcellodaGuarda\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2017-12-15T14:00:34+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2017-12-15T16:13:31+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/www.aguarda.es\/wp-content\/uploads\/2017\/06\/escudo-full-2.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1135\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"712\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"prensa\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@AGuarda_es\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@AGuarda_es\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Written by\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"prensa\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Est. reading time\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"22 minutes\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/\",\"url\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/\",\"name\":\"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios - Concello da Guarda\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#website\"},\"datePublished\":\"2017-12-15T14:00:34+00:00\",\"dateModified\":\"2017-12-15T16:13:31+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#\/schema\/person\/c463ca3006858ffb349d11179d044f21\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"en-US\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#website\",\"url\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/\",\"name\":\"Concello da Guarda\",\"description\":\"P\u00e1xina web do concello da Guarda\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"en-US\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#\/schema\/person\/c463ca3006858ffb349d11179d044f21\",\"name\":\"prensa\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"en-US\",\"@id\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/5f90ef536b0f98306edf5c7a1135ffa1?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/5f90ef536b0f98306edf5c7a1135ffa1?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"prensa\"},\"url\":\"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/author\/prensa\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios - Concello da Guarda","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/","og_locale":"en_US","og_type":"article","og_title":"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios - Concello da Guarda","og_description":"BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACI\u00d3N DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISI\u00d3N INTERINA OU PARA A CONTRATACI\u00d3N LABORAL TEMPORAL DE PRAZAS DE OPERARIOS DE SERVIZOS VARIOS, ASIMILADOS A UN GRUPO E \u2013 AGRUPACI\u00d3NS PROFESIONAIS. Artigo 1.- Obxecto &hellip;","og_url":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/","og_site_name":"Concello da Guarda","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/ConcellodaGuarda","article_published_time":"2017-12-15T14:00:34+00:00","article_modified_time":"2017-12-15T16:13:31+00:00","og_image":[{"width":1135,"height":712,"url":"https:\/\/www.aguarda.es\/wp-content\/uploads\/2017\/06\/escudo-full-2.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"prensa","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@AGuarda_es","twitter_site":"@AGuarda_es","twitter_misc":{"Written by":"prensa","Est. reading time":"22 minutes"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/","url":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/","name":"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios - Concello da Guarda","isPartOf":{"@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#website"},"datePublished":"2017-12-15T14:00:34+00:00","dateModified":"2017-12-15T16:13:31+00:00","author":{"@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#\/schema\/person\/c463ca3006858ffb349d11179d044f21"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/#breadcrumb"},"inLanguage":"en-US","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/bases-da-convocatoria-proceso-selectivo-unha-lista-de-reserva-de-operarios-de-servizos-varios\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Bases do proceso selectivo para unha lista de reserva de operarios de servizos varios"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#website","url":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/","name":"Concello da Guarda","description":"P\u00e1xina web do concello da Guarda","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"en-US"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#\/schema\/person\/c463ca3006858ffb349d11179d044f21","name":"prensa","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"en-US","@id":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/5f90ef536b0f98306edf5c7a1135ffa1?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/5f90ef536b0f98306edf5c7a1135ffa1?s=96&d=mm&r=g","caption":"prensa"},"url":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/author\/prensa\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11534"}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11534"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11534\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":11540,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11534\/revisions\/11540"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/8850"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11534"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11534"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.aguarda.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11534"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}